A Xunta de Galicia e o Monte Real Club de Yates colaboran para achegar o mundo da vela a persoas con discapacidade. Até final de mes, a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social, organiza un programa de vela adaptada nas instalacións do histórico club baionés.
A Consellería de Traballo e Benestar organiza este mes de maio un programa de vela adaptada nas instalacións do histórico club baionés
A iniciativa, na que participarán 15 alumnos e alumnas do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela, ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida e benestar destas persoas a través da súa participación nunha actividade lúdico deportiva.
15 alumnos e alumnas do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela poderán iniciarse no mundo da navegación na baía de Baiona
Os alumnos e alumnas poderán achegarse ao mundo mariño, aprender técnicas de navegación e descubrir a variedade da flora e fauna da baía de Baiona cos adestradores de Escola de Vela Adaptada do Monte Real.
A iniciativa pretende mellorar a calidade de vida e benestar destas persoas mediante a práctica dunha actividade lúdico deportiva
O programa, que incluirá sesións teóricas e prácticas, desenvolverase ao longo de tres semanas, con cinco xornadas de actividade por semana, de luns a venres. Tras unha sesión inicial na que se familiarizar se coas nocións básicas dun barco de vela (tipos de embarcacións, partes do barco, nós, seguridade…), os alumnos e alumnas sairán a navegar pola baía, onde realizarán as súas primeiras prácticas de vela e actividades de recoñecemento da contorna.




