spot_img
InicioAlto MinhoXornada Europea da Cultura Xudía “Rutas Sefardís”. Tui e Valença únense para...

Xornada Europea da Cultura Xudía “Rutas Sefardís”. Tui e Valença únense para dar a coñecer o seu pasado xudeu

Xornada Europea da Cultura Xudía “Rutas Sefardís”Dende o 5 ao 18 de setembro haberá visitas guiadas, gastronomía, talleres e música sefardí nas dúas cidades transfronteirizas

A programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía da Rede de Xuderías de España, inclúe actividades e eventos para todos os públicos, que se desenvolverán en Tui e Valença, baixo a denominación de: “Rutas Serfardís”.

A Sala de Concelleiros da Casa do Concello de Tui acolleu a presentación das “Rutas Sefardís”. Un programa de actividades para conmemorar as Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo e Patrimonio,  Laureano Alonso xunto co vereador de Cultura da Cámara de Valença, José Monte.

As actividades se realizarán dende o 5 ate o 18 de setembro na Eurocidade Tui – Valença. Por primeira vez haberá eventos no que participen “dous Concellos de dous países distintos”. Eran as palabras do concelleiro de Turismo e Patrimonio Laureano Alonso, quen apuntou que a finalidade é por en valor o patrimonio xudeu destas dúas vilas. Na presentación, o edil amosou o seu interese porque nun futuro, Valença poida formar parte da Rede de Xuderías de Portugal.

O concelleiro Laureano Alonso fixo mención especial á guía turística das rutas polas xuderías de Tui. Un traballo realizado pola xornalista Alejandra Abulafia, e editado pola Rede de Xudarías de España, que xa está dispoñible para a súa descarga.

As Rutas Sefardís por Tui e Valença arrancarán este sábado ás 12:30 h dende o Museo Diocesano de Tui e se levarán a cabo tanto en Tui coma en Valença, até o domingo 13 de setembro.

Con motivo da situación sanitaria, darase unha explicación previa con aforo limitado e logo cada roteiro será autoguiada para garantir o distanciamento social. Cada participante terá un mapa-guía con toda a información sobre o patrimonio xudeu que poderá descubrir polas rúas do Conxunto Histórico de Tui. Tamén se poderá ver no Museo Diocesano unha exposición sobre a figura do filósofo e médico Francisco Sánchez.

A cociña xudía tamén estará representada nestas xornadas. Será coas rutas Gastronómicas Sefardís. Poderase degustar o bacallau, alimento moi apreciado na cociña sefardí e que ten gran presenza actualmente tanto na cociña portuguesa coma galega. Participarán un total de 21 restaurantes de Tui e 9 de Valença.

Ademais destas rutas e visitas, están programados dous concertos de música sefardí a cargo de Carmen Penín e Maurizio Polsinelli. Un deles será en Tui o sábado 5 de setembro no conxunto histórico da cidade e o outro na Fortaleza de Valença.

Para calquera destes eventos o aforo está limitado até completar as prazas, co fin de cumprir coas medidas e protocolos COVID-19.

O programa inclúe unha exposición de paneis no Museo diocesano, que se poderá visitar dende o 5 até 20 de setembro.

O taller de repostería sefardí do 18 de setembro, dirixido exclusivamente as profesionais da hostalería das dúas cidades. Será impartido por Abigail Cohen de Hervás. O curso terá lugar na aula da UNED de Tui, no Convento de San Domingos. Neste caso, os profesionais interesados deben inscribirse na Oficina de Turismo de Tui.

Na presentación destas xornadas participou tamén o vereador de cultura de Valença José Monte. Salientou que este é un primeiro paso para dar a coñecer un patrimonio que posúe Valença, ademais de destacar a unha oportunidade que teñen para promocionarse xunto a Tui.

Por último, lembrou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro na súa intervención, a importancia da entrada de Tui na Rede de Xuderías de España, así coma a posibilidade que brinda de pór en valor un legado cultural e patrimonial de primeira orde. Resaltou o rexedor o carácter transfronteirizo destes eventos, que supoñen un valor engadido á importancia deste evento. Apostou porque nun futuro estas xornadas sexan os da Eurocidade Tui – Valença, como un único organizador, e destino común das persoas interesadas en coñecer o seu patrimonio xudeu.

Xornada Europea da Cultura Xudía “Rutas Sefardís”

O programa completo é o seguinte:

RUTAS SEFARDÍS POR TUI E VALENÇA

Sábado 5

  • Ás 12.30 H  Colección de Sambenitos da Catedral no Museo Diocesano de Tui
  • Ás 18 h hora española: Patrimonio judaico en Valença no Largo Sta. María dos Anjos en Valença

Domingo 6

  • Ás 12.30 h “O Tui de Francisco Sánchez” no Cárcere Vello de Tui.
  • Do luns 7 ao venres 11
  • Ás 12 h e ás 18 h Introdución ao patrimonio xudeu en Tui. No Museo Diocesano de Tui

Sábado 12

  • Ás 12.30 h no Museo Catedralicio: Os prateiros xudeus e criptoxudeus na Catedral de Tui
  • Ás 18 hora española no Largo Sta. María dos Anjos: Patrimonio judaico en Valença

Domingo 13

  • Ás 12.30 h no Museo Diocesano: Colección de Sambenitos da Catedral

CONCERTO DE MÚSICA SEFARDÍ CON 2NAFRONTEIRA: CARMEN PENIM (VOZ) E MAURIZIO POLSINELLI (PIANO E HARMONIO)

  • Sábado 5 ás 20 h na praza de Frómista en Tui. Prazas limitadas até completar  aforo
  • Sábado 12 ás 19 hora portuguesa no Largo de Santa Mª dos Anxos. Prazas limitadas até completar  aforo

RUTAS GASTRONÓMICAS SEFARDÍS: BACALLAU NOS RESTAURANTES DE TUI E VALENÇA. DO 5 AO 18 DE SETEMBRO

Valença

  • Churrasqueira Valenciana
  • Baluarte
  • Bom Jesus
  • Fatum – Casa de Fados
  • Portas da Coroada – Fortaleza
  • Fortaleza I
  • Fortaleza II
  • Muralha
  • Pousada S. Teotónio
  • Limoeiro

Tui

  • Alboio: en empanada
  • Ideas peregrinas: tosta con bacallau
  • Parador de Tui: bacallau con broa
  • El Niño Trasto: á brasa con barbur e melocotón caramelizado
  • Jaqueyvi: á brasa
  • Tapas e viños: ensalada con bacallau
  • La de José Luís: encebolado
  • El Molino: á portuguesa e tamén empanada
  • Puro Sabor: ó forno e empanada
  • Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén empanada
  • Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños
  • Santiamén: asado con cebola
  • A Macoca: ó forno
  • Pote: ensalada de bacallau e á galega
  • Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada
  • Monte Aloia: á brasa e ó forno
  • Cruceiro do Monte: á portuguesa
  • A vaca tola: tosta de bacallau
  • Época: á prancha estilo Época e ensalada templada de bacallau afumado
  • Arrayal 39: á brasa e á galega
  • Asador Paulo: á brasa

EXPOSICIÓN: AS RUTAS SEFARDÍS – FRANCISCO SÁNCHEZ

  • Do 5 ao 20 de setembro no Museo Diocesano:Exposición de paneis no Museo Diocesano de Tui

TALLER DE INMERSIÓN Á REPOSTERÍA SEFARDÍ

  • Venres, 18 de setembro, ás 19 h
  • A cargo de Abigail Cohen, da pastelaría La Candela de Hervás.
  • Lugar: Convento de San Domingos (Aula Uned)
  • Inscrición unicamente para profesionais na Oficina de Turismo (677.418405)

VINDEIRO EVENTO

  • Luns 26 de outubro
  • Jornadas Gastronómicas “Sabores de Sefarad” con Javier Zafra (autor do libro “Sabores de Sefarad: los secretos de la gastronomía judeoespañola”).
  • Este libro á venda en “Alimentación Alonso” e Librerías Iris e Nobel.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.