spot_img
InicioCondado Paradanta“Xeometría” de Rosa María Tielas faise co primeiro premio do IV Concurso...

“Xeometría” de Rosa María Tielas faise co primeiro premio do IV Concurso de Fotografía Concello de Covelo

xeometria-de-rosa-maria-tielas-faise-co-primeiro-premio-do-iv-concurso-de-fotografia-concello-de-coveloDoce fotografías de interese turístico, cultural e patrimonial formarán parte dos dous mil calendarios do 2024 que, como de costume, serán repartidos entre a veciñanza no mes de nadal

Revista Cousas De Nº19

O Concello de Covelo entregou os premios do seu IV Concurso Fotográfico Concello de Covelo a Rosa María Tielas Conde quen coa súa foto “Xeometría” acadou o primeiro premio; a Sergio Fandiño Sotelo que se fixo co segundo posto con “Ponte Maceira” e a Francisco Javier González de Jesús que gañou o terceiro premio coa foto “Patrimonio Micolóxico”.

Fomentar a participación da veciñanza en actividades artísticas e creativas foi o obxectivo do IV Concurso Fotográfico Concello de Covelo. Baixo o título “Covelo, Turismo, Cultura e Patrimonio” recolléronse fotografías que promovesen a riqueza natural e histórica do concello.

Das fotografías presentadas farase unha escolma de doce fotografías que formarán parte dos dous mil calendarios do 2024 que, como de costume, serán repartidos entre a veciñanza no mes de nadal.

O xurado formado por fotógrafas e fotógrafos profesionais entregaron os tres premios: un primeiro a elixir entre un curso de fotografía ou unha experiencia fotográfica de montaña; un segundo con ampliacións fotográficas de 40×30 cm e o terceiro cunha ampliación fotográfica de 40×30 cm tamén sobre soporte ríxido.

- Publicidade -spot_img