spot_img
InicioGaliciaA CoruñaXantar distingue a Deputación da Coruña como mellor iniciativa turístico

Xantar distingue a Deputación da Coruña como mellor iniciativa turístico

Torre Hercules

A Deputación da Coruña foi elixida como Mellor Iniciativa Turística no 17ª Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se desenvolve en Ourense do 3 ao 7 de febreiro. A Deputación presentou en Xantar a súa nova estratexia de promoción turística e convidou aos concellos a participaren cos seus produtos e iniciativas.

Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, distinguiu nesta súa 17ª edición a Deputación o da Coruña como mellor iniciativa turística. O premio foi recollido polo responsable da área de Turismo na Deputación, Xosé Regueira, nun acto que tivo lugar este sábado nas instalacións de Expourense nas que, até este domingo, se desenvolven a feira especializada en turismo gastronómico.

A Deputación da Coruña volveu nesta nova edición ao Salón de Ourense, despois de anos de ausencia, na liña que se experimentou xa no pasado Fitur, é dicir, servir de canle e plataforma para a promoción turística dos concellos e ofrecer unha aposta baseada no turismo de calidade, con seis destinos caracterizados polas súas particularidades, entre elas, as patrimoniais, naturais e gastronómicas. “Defendemos un turismo de calidade e sustentábel que cadra coas condicións do noso propio territorio, con moi bos produtos e un rico patrimonio natural e histórico para gozar”, defendeu o nacionalista Xosé Regueira que agradeceu o recoñecemento de Xantar como un chanzo máis na política de promoción turística da Deputación.

“O Turismo é un sector chave no desenvolvemento económico e na creación de emprego polo que, para nós, é fundamental participar nos foros e plataformas que promocionen os nosos destinos. Ademais, se queremos que a oferta turística da Coruña teña presenza nas distintas feiras e encontros, non podemos menos que apoiar coa nosa presenza unha iniciativa como Xantar que ten lugar no noso propio territorio”, engadiu Xosé Regueira.

A estratexia e o traballo da Deputación para Xantar partiu do convite aos concellos da provincia para que participasen coas súas propostas e produtos. Desta maneira, no programa oficial incorporáronse varias iniciativas protagonizadas polas propias entidades municipais como os showcookings do bolo do pote de Mazaricos, dos produtos de Arousa Norte ou dos pinchos irmandiños de Vimianzo. As algas e ourizos de Camariñas, as filloas de Zas, os pementos de Narón , o pan de Carballo u os queixos de Vedra , entre outros, chegaron tamén a Xantar da man da Deputación que foi unha das protagonistas da xornada do día 4 coa celebración do Día da Coruña.

“O recoñecemento de Xantar é tamén un premio para os seis destinos que, dunha maneira ou outra, foron os protagonistas da nosa presenza en Xantar, aos concellos, entidades e empresas que viñeron canda nós coa confianza de que temos un bo produto e queremos aproveitar todas as posibilidades para promocionalo”, defende Xosé Regueira.

Xantar tamén recoñeceu nos seus premios a cámara municipal de Matosinhos como mellor iniciativa das presentadas desde Portugal, país con grande presenza no Salón Internacional de Turismo Gstronómico de Ourense, Inorde como mellor restaurante e Aceites Abril como mellor iniciativa agroalimentaria.

- Publicidade -spot_img