spot_img
InicioAlto MinhoX edición do Sanfins Medieval esta fin de semana en Valença

X edición do Sanfins Medieval esta fin de semana en Valença

Antigo convento e a Igrexa de Sanfins de FiestrasO Mosteiro de Sanfins, en Valença, celebra a décima edición do Sanfins Medieval – Encontro Galaico – Minhoto , esta fin de semana de 17 e 18 de xuño

Revista COUSAS DE Nº17

Degustación de empanadas, cordeiro e caldos do Couto, queimada galega, fados e músicas da raia, visitas guiadas, pintura no claustro e exposición de pintura son algunhas das actividades que marcan esta edición.

Este singular evento xunta as comunidades dás duas margens do rio Minho nun dos máis emblemáticos mosteiros do noroeste peninsular, o Mosteiro Românico de Sanfins.

Antigo convento e a Igrexa de Sanfins de Fiestras

As actividades comezan este sábado, 17 de xuño, ás 15h00, coa iniciativa Pintura no Claustro que pretende proporcionar aos pintores interesados a oportunidade de pasar para a tea a monumentalidade de Sanfins. Para as 19h00 está programada unha visita guiada ao Mosteiro e aos puntos máis emblemáticos da Quinta de Sanfins, seguido do canto na capela ás 20h00. Para as 21h00 despértanse os paladares para a degustación das empanadas, de cordeiro á Sanfins asado nos fornos de leña, con arroz do pingo, acompañado dos bos viños da rexión e dos Caldos do Couto. Ás 22h00 actuará a Tertúlia Bairradina que presentará fados de Coímbra. A noite termina coa tradicional Queimada Galega, onde non faltará o “Conxuro”, as meigas, os misticismos e moita tradición.

Domingo, as actividades arrancan ás 11h00 cunha visita guiada ao Mosteiro seguida da iniciativa Pintura no Claustro coa participación especial da Universidade Sénior de Valença. Para as 13h00 prográmase o xantar con degustación de iguarias da Raia. A tarde será animada polo grupo Luar do Miño e amigos que proporcionarán un concerto que repasará emblemáticas composicións galaico – minhotas.

A iniciativa é da Asociación Cultural e Artística Luar do Miño e conta co apoio do Concello de Valença e da Unión de Freguesía de Gondomil e Sanfins.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.