spot_img
InicioBaixo MiñoVontade pon en marcha o Programa de Detección e atención dos trastornos...

Vontade pon en marcha o Programa de Detección e atención dos trastornos do desenvolvemento infantil

Vontade pone en marcha o Programa de Detección e atención dos trastornos do desenvolvemento infantilA Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade puxo en marcha o Programa de Detección e atención dos trastornos do desenvolvemento infantil, que está a beneficiar a 23 nenos e nenas e as súas familias da Comarca do Baixo Miño con necesidade de atención terapéutica na etapa 0-6.

A Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade está a desenvolver desde setembro de 2021 o programa “Prevención, detección e atención dos trastornos do desenvolvemento infantil”, co que 23 nenos e nenas e as súas familias da Comarca do Baixo Miño están a recibir atención terapéutica na etapa 0-6.

Revista COUSAS DE Nº13

Con este proxecto, presentado a través da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica ( COCEMFE), preténdese reforzar e apoiar o labor realizado polo servizo de atención temperá proporcionado pola Mancomunidade do Baixo Miño na etapa 0-6.

Na contorna da Comarca do Baixo Miño existe un recurso para nenos e nenas de 0 a 6 anos ofrecido desde a Mancomunidade. Este servizo conta con atención psicolóxica, logopeda e fisioterapeuta. Vontade reforza e apoia co servizo de terapia ocupacional os servizos de atención temperá para ofrecerlle ao neno/a con dificultades no desenvolvemento ou risco de padecelos e á súa familia, a mellor atención posible e lograr a máxima autonomía na realización das distintas actividades da vida diaria.

Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica ( COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.