spot_img
InicioVal MiñorNigránVoluntarios de toda España protagonizarán este fin de semana en Chandebrito a...

Voluntarios de toda España protagonizarán este fin de semana en Chandebrito a plantación do ‘Bosque da Luz’

Chandebrito a plantación do 'Bosque da Luz'San Rockers e The Soul Jacket tocarán no concerto colofón final da xornada do sábado, no que a Comunidade de Montes pide un donativo de 5 € para continuar coas plantacións

Concello de Nigrán, Comunidad de Montes e Asociación de Veciños de Chandebrito organizan xunto a asociación ‘Galicia Ambiental’ a plantación de castiñeiros ‘Bosque da luz’ este sábado e domingo na parroquia. Un cento de voluntarios inscritos desde toda España participarán neste programa que xurde a través do proxecto ‘Arbores de cinza’ e que conta co apoio do ‘Festival de la Luz’ de Boimorto amadriñado por Luz Casal. Serán dous días de confraternidade co pavillón do Colexio Estudio de Chandebrito como ‘albergue’, sendo o sábado a xornada máis completa coa realización de dúas reforestacións (mañá e tarde) e o concerto ás 22:30 de San Rockers e The Soul Jacket como colofón (as dúas bandas de rock con raigame en Nigrán). Para este evento musical a Comunidade de Montes solicita un donativo de 5 € como entrada simbólica destinada a continuar coas plantacións na parroquia (pódese facer a aportación no mesmo día).

Coincidindo o sábado co 40 aniversario do falecemento de Félix Rodríguez de la Fuente, realizaranse tamén actividades paralelas pensadas especialmente para un público infantil. Ademais, inaugurarase un monolito en agradecemento aos promotores do evento e o domingo pola mañá, como despedida dos voluntarios ao mediodía, terá lugar unha andaina etnográfica pola parroquia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.