spot_img
InicioVal MiñorNigrán#ViveNigrán recolle 221 quilos de residuos en praia América

#ViveNigrán recolle 221 quilos de residuos en praia América

#ViveNigrán recolle 221 quilos de residuos en praia AméricaA V Edición do Festival Vive Nigrán, que impulsa accións de recollida e clasificación de residuos nas praias do Concello de Nigrán dentro da súa iniciativa VIVE SOSTIBLE, recolleu el pasado domingo un total de 221 quilos de residuos en praia América

Desde o seu inicio, a organización de Vive Nigrán, tivo presente a necesidade de actuar con respecto diante a riqueza ambiental da contorna na que se desenvolve o festival. Medidas como fabricar vasos reutilizables, garantir a seguridade na zona dunar ou actividades para os máis pequenos con talleres de reciclaxe así o testemuñan.

Nesta edición e seguindo diversos obxectivos incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, Concello e organización quixeron incrementar o seu compromiso programando varias actividades que poidan servir para concienciar á sociedade, por unha banda sobre a necesidade de reciclar, a importancia da conservación do mar e as súas especies e por outra banda para converter as nosas praias en espazos libres de plásticos.

#ViveNigrán recolle 221 quilos de residuos en praia América

VIVE SOSTIBLE exporá diversas accións que se irán desvelando aos poucos e que están vinculadas coa conservación, concienciación e responsabilidade ambiental (compensación de pegada de carbono, etc). O obxectivo de todas estas accións é facer ver que o problema dos residuos no mar é moi grave e compete a todos; e que, entre todos, cidadáns, festivais e institucións públicas, é necesario darlle a volta e achegar solucións.

O consumo de plástico na nosa sociedade creceu de forma vertixinosa nos últimos anos. Os datos sobre a cantidade de plástico que acabamos tirando, unha vez utilizado, son arrepiantes e extremadamente rechamantes. Unha realidade que está a converter os nosos fondos mariños en auténticos vertedoiros, especialmente de plástico, debido sobre todo á gran resistencia deste tipo de material, que pode perdurar durante séculos no fondo mariño

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.