spot_img
InicioBaixo MiñoMedio centenar de alumnos e alumnas do IES de Tomiño gradúaronse no...

Medio centenar de alumnos e alumnas do IES de Tomiño gradúaronse no entorno da fortaleza de Goián

Medio centenar de alumnos e alumnas do IES de Tomiño gradúaronse no entorno da fortaleza de GoiánMedio centenar de alumnos e alumnas de bachalerato do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), celebrou a súa festa de gradación no Espazo Fortaleza de Goián, a carón do milenario forte de San Lourenzo.

O acto contou coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e da concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, en representación do goberno municipal, que colaborou no acondicionamento e montaxe da infraestrutura necesaria para a celebración.

Medio centenar de alumnos e alumnas do IES de Tomiño gradúaronse no entorno da fortaleza de Goián
Intervención da Alcaldesa

Ademais do alumnado dos tres grupos de bachalerato (das dúas modalidades que se ofertan no instituto tomiñés: Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais), tamén graduáronse 15 estudantes do ciclo medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, que se imparte no centro.

A alcaldesa aproveitou a oportunidade para felicitar ao alumnado do IES Antón Alonso Ríos polo seu esforzo e dedicación durante un curso tan duro e especial coma este último.

- Publicidade -spot_img