spot_img
InicioBaixo MiñoVisita guiada aos muíños do Tripes

Visita guiada aos muíños do Tripes

Xornada de Portas Abertas nos muíños do Tripes, unha oportunidade para coñecer este conxunto etnográfico de gran valorEstá organizada pola Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui

Revista COUSAS DE Nº18

“Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” é o título da visita guiada que o próximo venres, 11 de agosto, ás 10 h terá lugar á case unha trintena de muíños situados na senda do río Tripes. A actividade está organizada pola Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.

A participación nesta actividade é gratuíta pero é preciso inscrición previa en turismo@tui.gal.

Trátase dun percorrido sinxelo de dificultade baixa e apto para a toda a familia. A duración estimada é de 2 horas. Partirá da área recreativa de Circos. As persoas participantes poderá coñecer os muíños construídos á beira do río Tripes, e coñecer polo miúdo o seu funcionamento, a importancia que tiveron no seu día, e terán a oportunidade de ver algún deles en funcionamento.

Máis aló destes importantes elementos etnográficos a ruta conta tamén cun gran valor natural pola flora e fauna visible ao longo do percorrido, xa que cómpre lembrar que os muíños están situados no Parque Natural do Monte Aloia, o que foi o primeiro espazo natural protexido de Galicia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.