spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo solicitará 3,5 millóns de fondos europeos para rehabilitar os pazos de...

Vigo solicitará 3,5 millóns de fondos europeos para rehabilitar os pazos de Raposeira e Castrelos

Vigo solicitará 3,5 millóns de fondos europeos para rehabilitar os pazos de Raposeira e CastrelosO goberno local aprobou a participación do Concello na convocatoria de “Ayudas a la rehabilitación de edificios de titularidad pública en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia”, dacordo coa orde TMA/178/2022 do 28 de febreiro publicada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Revista COUSAS DE Nº13

Segundo avanzou o seu alcalde, Abel Caballero, vanse acometer as obras de rehabilitación e acondicionamento do Pazo Raposeira e do Pazo de Castrelos para o que se solicitou un montante de 3,5 millóns. Na edificación de San Pedro de Sárdoma -que vai ter uso cidadán – está previsto actuar no edificio e na finca, cun orzamento de 1,9 millóns.

Vigo solicitará 3,5 millóns de fondos europeos para rehabilitar os pazos de Raposeira e Castrelos
Infografía do Pazo de Raposeira logo da rehabilitación.

Realizarase unha reparación a fondo do inmoble, cunha rehabilitación integral do interior, reorganizando os espazos para dotalos de novas superficies e comunicacións. Na finca, vanse recuperar os xardíns de trazado francés, o xardín da horta e as especies arbóreas da zona.

Vigo solicitará 3,5 millóns de fondos europeos para rehabilitar os pazos de Raposeira e Castrelos

O Pazo de Castrelos, que xa empeza a presentar un importante deterioro en cuestións como a carpintería, que nunca se renovou, polo que se solicitou unha subvención de 1,6 millóns para renovar o mal estado da madeira das fachadas o que mellorará a eficiencia enerxética do edificio. Tal e como explicou, tamén se implantará un sistema de climatización para garantir as condicións de conservación das pezas de arte que alberga así como mellorar a temperatura para os usuarios e visitantes Quiñones de León.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.