spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo renova a exposición permanente de Fernández del Riego, para lembrar a...

Vigo renova a exposición permanente de Fernández del Riego, para lembrar a figura do intelectual galeguista

vigo-renova-a-exposicion-permanente-de-fernandez-del-riego-para-lembrar-a-figura-do-intelectual-galeguistaA presenza “perenne” en Vigo da figura e a obra do intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego vese reforzada coa reapertura, este martes, do museo instalado na primeira planta da Casa da Cultura Galega.

Revista Cousas de nº21

Así o remarcou o alcalde ao destacar que Don Francisco foi “un personaxe excepcional, cunha visión cultural inesgotable”, o que leva ao Concello a reafirmar o seu compromiso en seguir destacando a súa personalidade e contribución á cultura galega.

Abel Caballero, acompañado do concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, presidiu a reapertura do Museo Francisco Fernández del Riego, onde reafirmou a vocación do Concello de Vigo por seguir traballando para destacar o peso do intelectual galeguista.

“Queremos que Francisco Fernández del Riego ocupe un lugar perenne en Vigo, non só pola praza que leva o seu nome e pola pinacoteca, senón neste edificio, porque era a súa casa de verdade”, afirmou hoxe o alcalde ao incidir en que “canto máis se afonda na súa obra e na súa vida máis riqueza se atopa”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Ante Beatriz Liz de Cea, comisaria da nova exposición do museo, e José Ballesta, director do museo “Quiñones de León”, Caballero insistiu en que o goberno local quere “seguir coa man tendida de cooperación con todo o que significa a figura de Fernández del Riego, desde todos os espazos dun galeguista ilustre, con esta visión cultural inesgotable”.

Remodelación

Beatriz Liz de Cea destacou o esforzo realizado polo Concello por remozar totalmente o espazo da primeira planta da Casa da Cultura Galega para acoller a exposición coa obra do “polifacético” intelectual e converter ao museo nun espazo do século XXI.

- Publicidade -spot_img