spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo homenaxea aos navegantes da primeira volta ao mundo

Vigo homenaxea aos navegantes da primeira volta ao mundo

Vigo acolleu o acto conmemorativo do V Centenario da volta ao mundo iniciada polo portugués Fernando Magallanes e completada polo español Juan Sebastián Elcano, un fito do que este ano se celebra o quinto centenario.

A homenaxe aos navegantes da primeira volta ao mundo, desenvolveuse nun solemne acto organizado pola Armada con arriado de bandera e no que estiveron presentes o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o alcalde Abel Caballero e o almirante da Frota, Manuel Garat, entre outras autoridades.

No acto inaugurouse un monólito conmemorativo, encargado pola Autoridade Portuaria de Vigo ao escultor José Molares e instalado diante da nave de Portocultura. Esta figura homenaxea a navegantes galegos como Gonzalo de Vigo, o primeiro español en desembarcar na illa de Guam e aprender a súa lingua, un coñecemento que sería moi útil nunha posterior expedición.

“Juan Sebastián Elcano chegaba o 6 de setembro de 1522 a Sanlúcar de Barrameda co que quedaba da tripulación: dezaoito homes, dos que tres eran galegos. A eles é a quen homenaxeamos hoxe coa inauguración deste monólito, co que conmemoramos a súa xesta e o compromiso de Galicia coa Armada española”, explicou a titular de Mar na súa intervención en representación da Xunta, na que tamén trasladou o “cariño e respecto” que as xentes do mar profesan cara esta institución.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.