spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo convértese no epicentro da música tradicional europea coa celebración da cuarta...

Vigo convértese no epicentro da música tradicional europea coa celebración da cuarta Intensive Week organizada por TUNE

vigo-convertese-no-epicentro-da-musica-tradicional-europea-coa-celebracion-da-cuarta-intensive-week-organizada-por-tuneDende hoxe ata o 20 de outubro, Vigo convértese no epicentro da música tradicional europea coa celebración da cuarta Intensive Week organizada por TUNE, a Rede Europea de Estudos de Grao en Música Tradicional

Esta iniciativa busca promover a música tradicional e contará durante esta semana con medio cento de representantes de Estonia, España, Francia, Grecia e Noruega. O Conservatorio Superior de Música de Vigo representa a España neste evento único.

Revista Cousas De Nº19

Esta mañá, arredor de 50 músicos procedentes destes cinco países déronse cita no Conservatorio Superior de Vigo para compartir e aprender sobre as tradicións musicais de Europa. O acto de inauguración destacou que esta semana intensiva de actividades é unha oportunidade singular para a música galega e puxo en relevo a importancia da súa integración no sistema de ensinanzas artísticas para continuar preservando e transmitindo as tradicións de Galicia.

O 19 de outubro ás 20:00h no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Vigo, o concerto será a cargo de cinco agrupacións mixtas (Mixed Ensembles), cada unha integrada por cinco intérpretes (un músico de cada país), onde se fusionarán músicas baseadas en temas e ritmos de cada nacionalidade.

Como acto de clausura o 20 de outubro ás 20:00h, tamén no Auditorio Martín Códax, actuarán as agrupacións nacionais interpretando as músicas tradicionais de cada país, así como unha orquestra tradicional formada por todos os participantes neste encontro.

Nestes concertos, os asistentes poderán gozar da riqueza e diversidade da música tradicional europea, con agrupacións mixtas e nacionais que fusionan ritmos e melodías característicos de cada país.

Ao longo destes días os participantes tamén terán oportunidade de aprofundar na cultura galega e europea con seis obradoiros que abarcan desde o canto polifónico, a danza noruega, o fiddle dende Estonia a Galicia e a percusión tradicional galega a cargo de expertos procedentes dos cinco países. Ademais, mañá martes terán un concerto especial a cargo do grupo galego O Fiadeiro no Castillo de Soutomaior e o mércores visitarán Santiago de Compostela.

SOBRE TUNE:

TUNE, acrónimo de Traditional Music Undergraduate Network Europe, é un proxecto de asociación para a cooperación Erasmus+ que busca promover a colaboración entre institucións europeas de ensinanza musical. A súa visión é conectar e enriquecer as experiencias académicas de estudantes de música en Europa, fomentando o desenvolvemento intercultural, o coñecemento da identidade e patrimonio cultural europeo, e brindando ferramentas para mellorar a empregabilidade dos estudantes.

TUNE está formado por 6 institucións europeas: a AEEC (Asociación Europea de Conservatorios, Academias de Música e Musikhochschulen), a Academia de Cultura Viljandi da Universidade de Tartu (Estonia), o Departamento de Estudos Musicais da Universidade de Ioannina (Grecia), a Universidade South-Eastern Norway (Noruega), o centro de ensinos superiores Pôle Aliénor (Francia) e o Conservatorio Superior de Música de Vigo (España).

A organización da Intensive Week en Vigo conta co patrocinio e a colaboración da Comisión Europea a través da Axencia Erasmus Noruega, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego e o Conservatorio Superior de Música de Vigo, como anfitrión do evento.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.