spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo convértese esta semana no epicentro da colaboración universitaria entre España e...

Vigo convértese esta semana no epicentro da colaboración universitaria entre España e Portugal

vigo-convertese-esta-semana-no-epicentro-da-colaboracion-universitaria-entre-espana-e-portugalEspecialistas de España e Portugal participan deste este mércores en Vigo no II Encontro Ibérico de Internacionalización, unha cita que se prolongará ata mañá xoves no auditorio do Consorcio da Zona Franca e co que se busca reforzar a colaboración entre ambos os dous países en materia de internacionalización no ámbito da educación universitaria.

Organizado polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación Superior, SEPIE, organismo do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, en colaboración coa Universidade de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o encontro contou coa participación do director do SEPIE, José Manuel Sánchez Duarte; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; a directora da Axencia Nacional Erasmus+ para a educación e a formación de Portugal, Cristina Perdigão, e o delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades.

O director do SEPIE destacou na súa intervención o compromiso conxunto de ambas axencias nacionais para impulsar a cooperación educativa entre España e Portugal. Indicou, neste senso, que “a relación co noso país veciño e irmá non pode ser máis importante”, ao que engadiu que ambos países “formamos unha alianza forte e estable que vai máis aló do transnacional, especialmente no ámbito universitario”. Ademais, Sánchez Duarte agradeceu á súa homóloga portuguesa o traballo compartido dos últimos anos e o desexo común de seguir reforzando esta colaboración.

Un cento de profesionais dialogando sobre retos actuais e futuros

Durante dous días, máis de cen profesionais do ámbito universitario e da internacionalización participarán en mesas redondas e sesións de traballo dedicadas a analizar retos actuais e futuros, desde a atracción de talento nun contexto global complexo, ata novas formas de cooperación bilateral, o papel do programa Erasmus+ da Unión Europea e o posicionamento internacional do español e do portugués como linguas académicas e científicas.

O programa, deseñado conxuntamente polos equipos de internacionalización do SEPIE e da Axencia Nacional Erasmus+ de Portugal, preséntase como un dos máis completos e transversais, coa participación de destacados profesionais do sector.

Liñas estratéxicas

Neste contexto, desde a organización destacaron a importancia do intercambio académico entre ambos os dous países, xa que, cada ano, 4000 estudantes portugueses elixen estudar en universidades españolas, mentres que 5000 estudantes españois realizan estancias académicas en Portugal.

O Plan de Actuación 2025-2027 do SEPIE inclúe un eixe específico con liñas estratéxicas que abarcan o apoio ás alianzas das universidades europeas, o impulso á cooperación docente e investigadora e o fortalecemento do español como lingua científica, pondo de manifesto que a internacionalización educativa vai máis aló da mobilidade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.