spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo celebra o centenario da doazón do Pazo de Castrelos

Vigo celebra o centenario da doazón do Pazo de Castrelos

xardins-do-pazo-quinones-de-leon-un-legado-da-nobreza-ao-pobo-de-vigoA doazón do pazo á cidadanía de Vigo foi aprobada en sesión extraordinaria do Concello de Vigo o día 12 de marzo de 1925.

Revista Cousas de Nº24

O pasado luns o alcalde de Vigo, Abel Caballero presentou o programa para conmemorar o centenario da doazón á cidade do Pazo de Castrelos polo marqués de Alcedo. “Imos poñer de actualidade, no centenario da doazón, o pazo, os xardíns e o parque Quiñones de León ou de Castrelos”, asegurou Caballero.

vigo-celebra-o-centenario-da-doazon-do-pazo-de-castrelos

O alcalde lembrou que a doazón estivo marcada “por condicións fáciles de aceptar”: o nomeamento do marqués de Alcedo como fillo adoptivo de Vigo; realizar unha subscrición popular para erixir un busto do doante en sinal de gratitude; que o espazo se denomine parque Quiñones de León; que o Concello sexa propietario perpetuo de todo o conxunto e que estea destinado a museo de arte rexional, a parque e a calquera outro fin benéfico ou artístico.

O rexedor sinalou que o pazo e o parque eran propiedade do fillo do marqués de Alcedo, Fernando Quiñones de León e Elduayen, marqués de Mos e de Valladares, quen faleceu, sen descendencia, en 1918, da coñecida como gripe española. Tras a súa morte, o entón alcalde de Vigo, Gregorio Espino, conseguiu que o rei Alfonso XIII nomease ao marqués de Alcedo como “Grande de España” a cambio da doazón do pazo.

 

Programa

O alcalde anunciou que o programa de actividades para conmemorar o centenario da doazón vai ser moi extenso, con exposicións no Museo Municipal Quiñones de León, na pinacoteca Francisco Fernández del Riego e na Casa das Artes.

O museo acollerá máis de vinte actividades, que finalizarán o 19 de setembro coa apertura da exposición do pazo.

O martes 11 de marzo haberá unha ofrenda floral, concerto de dúo e arpa, e cóctel, no xardín do pazo ante o busto do marqués.

De marzo a setembro haberá 10 visitas teatralizadas, os domingos pola mañá.

O venres 14 de marzo terá lugar a xornada formativa, organizada coa Fundación Juana de Vega, sobre xardíns históricos: “O Pazo de Castrelos: unha experiencia práctica na xestión e restauración dos xardíns históricos.

vigo-celebra-o-centenario-da-doazon-do-pazo-de-castrelos

Tamén están programadas cinco xornadas divulgativas sobre “O Pazo de Castrelos: evolución e transformación dun espazo singular”.

A estas actividades súmase a de “Vídeo mapping”: unha experiencia multimedia sobre a historia do pazo, en data por determinar.

Está previsto o ciclo de concertos no exterior: “Cen anos de música”, con interpretación dalgúns dos xéneros máis populares.

Entre as novidades destaca o verán de cinema sobre a herba, coa proxección de clásicos sobre as elites sociais e a súa arquitectura.

O Nadal chegará a Castrelos de forma singular, coa recuperación do costume dos marqueses de instalar unha árbore que podía ser visitada pola veciñanza.

Na Pinacoteca Fernández del Riego están programadas dúas exposicións: “Yrene Ceballos. Relato verídico da viúva de Policarpo Sanz” e “Concello de Vigo. Cen anos de coleccionismo de Arte Galega”, a partir de outubro.

Na Casa das Artes tamén haberá dúas exposicións: “Concello de Vigo. Cen anos de coleccionismo de Arte Galega, a partir de outubro, e “Luis Torras. O pincel persistente”, aberta desde abril a maio.

A entrada en funcionamento dos servizos educativos facilitará incorporar ao programa do centenario distintas actividades dirixidas a todos os públicos, como visitas guiadas, itinerarios temáticos, talleres ou xogos de pistas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.