Inicio Galicia Viaxe histórico que cambiará "a forma de entender Galicia e de relacionarnos"....

Viaxe histórico que cambiará “a forma de entender Galicia e de relacionarnos”. A primeira viaxe no que se emprega a vía do Eixo Atlántico a realizou un Avant eléctrico da serie 121

Vigo-inauguración AVE (Copiar)A ministra de Fomento, Ana Pastor, acompañada polo Presidenta da Xunta Alberto Núñez Feijóo,  efectuou hoxe un percorrido polo Eixo Atlántico a bordo dun tren de probas que realizou o traxecto comprendido entre A Coruña e Vigo, e no que puido comprobar o estado da infraestrutura de cara á súa entrada en servizo comercial.

A conclusión dos tramos Padrón-Vilagarcía e Arcade-Vigo Urzáiz, cuxa infraestrutura se atopa en fase de probas, permitirá completar o tramo comprendido entre Santiago de Compostela e Vigo, de 93,9 km de lonxitude, que quedará conectado así ao traxecto Santiago-A Coruña, de 61,7 km de lonxitude, xa en explotación.

Ademais, visitaron a nova estación ferroviaria de Vigo-Urzáiz, onde  a ministra destacou a importancia que este novo servizo terá para os galegos.

Nos próximos días, todo o trazado do Eixo Atlántico entre Vigo e A Coruña, de 155,6 km de lonxitude total, quedará completado, o que reverterá en importantes aforros nos tempos de viaxe en todas as relacións, á vez que aumentará o confort ao establecerse unhas condicións óptimas de rodaxe e trazado. A distancia entre Vigo e A Coruña recórtase en 21,8 km o que permitirá aforros de tempos moi significativos.

Pola sua banda o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse  á culminación do Eixo Atlántico de Alta Velocidade como un momento histórico para a Comunidade que cambiará “a forma de entender Galicia, de relacionarnos, de convivencia e de traballo”. “Marcará un antes e un despois nas relacións entre as cidades e entre os galegos”, aseverou.

Hoxe é un día histórico porque finalizamos unha infraestrutura cuxa primeira travesa puxemos no 2001 e que entre todos fomos capaces de finalizar a primeiros do 2015”, engadiu, logo de salientar que a entrada en servizo do Eixo Atlántico significa que cada persoa que realice este traxecto disporá de 50 minutos máis, ao pasar das dúas horas necesarias ata agora para realizar o mesmo percorrido a 70 minutos para percorrer os máis de 150 quilómetros entre A Coruña e Vigo.

Tras facer en tren a ruta A Coruña- Vigo, acompañado da ministra de Fomento, Feijóo subliñou que “agora, xa desde o mes de abril, cinco cidades galegas están conectadas por un tren de alta velocidade e queda menos para conectarnos coa meseta”.

Na súa intervención tivo palabras de recoñecemento aos anteriores gobernos da Xunta e gobernos centrais, así como ao actual Goberno de España polo seu compromiso con esta obra; “o recoñecemento de que fomos quen, na recesión económica, de finalizar o Eixo Atlántico, que sen dúbida é un antes e un despois na historia das relacións entre os galegos, que entendemos moito máis que vivimos nunha Comunidade unida, coas cidades conectadas entre si en 30 minutos”.

Vigo-inauguración AVE1Pola súa banda o alcalde de Vigo Abel Caballero cualificou a nova estación de “excepcional” e considéraa a “culminación dun soño histórico para a cidade” a inauguración da primeira fase da nova terminal, “unha obra que “Vigo leva tanto tempo pedindo”. Considera que a estación é “fenomenal” e que se pode comparar coas mellores de alta velocidade que uno poida ver en España”.

Vigo-inauguración AVEFINANCIAMENTO EUROPEO

O Eixo Atlántico poderá ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e polas Axudas RTE-T a través do mecanismo financeiro CEF “Conectar Europa”.

Eixo Atlántico
Esta liña construíuse nunha contorna de gran dificultade orográfica e zonas densamente poboadas. Así, o tramo A Coruña-Vigo conta con 37 túneles, que suman unha lonxitude global de 59,2 km, un 38% do percorrido total. No tramo Vigo-Santiago sitúanse outros 24 túneles, cunha lonxitude global de 39,7 km (o 33% do total).

Así mesmo, a liña ten 32 viadutos que suman unha lonxitude de 14,9 km (un 9,5% da lonxitude total). O tramo Vigo-Santiago conta con 24 viadutos, con 12,2 km de lonxitude (un 13% do total). O máis longo é o do Sar (2.411 m), pero seguramente o máis emblemático é o do Ulla (1.620 m), que ostenta unha marca mundial de luz (anchura entre alicerces) para pontes ferroviarias metálicos, co seu 240 m.

Este viaduto, que salva o río Ulla preto da súa desembocadura, será un símbolo das comunicacións en Galicia, ao servir de nexo entre o norte e o sur desta Comunidade Autónoma. Na súa execución tívose en conta a protección do medio ambiente e a integración na contorna.

Estación de Vigo-Urzáiz
O novo acceso ferroviario norte a Vigo evita o paso en superficie pola zona urbana e ten a súa saída na nova estación de Vigo-Urzáiz, situada no mesmo lugar que a anterior, pero a unha cota 15 metros máis baixa.

A estación, que ten unha superficie de 1.330 m2, albergará os servizos necesarios para o viaxeiro, cafetaría e locais comerciais, e o acceso á pasarela de embarque e plataformas definitivas.

Vigo-inauguración AVEVigo-inauguración AVE

Vigo-inauguración AVE

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies