O Museo Manuel Torres acollerá os próximos días 11 e 12 de febreiro, unha nova edición da Mostra de Camelias de Marín
Na presentación as concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez, explicaron que a demais das tradicionais exposicións de flores, contarase coa mostra pictórica de Mónica Pintos Alfaya.
Esta sexta edición celebrarase os días 11 e 12 de Febreiro, no Museo Manuel Torres, na que “Camelias e Mar” axuntará a unha trintena de expositores.