spot_img
InicioVal MiñorNigránUsuarios do Centro Castro Navás da Fundación Menela en Priegue gozaron esta...

Usuarios do Centro Castro Navás da Fundación Menela en Priegue gozaron esta mañá dunha xornada de terapia con cans

Usuarios-Centro-Castro-Navás-Fundación-Menela-Priegue-gozaron-esta-mañá-dunha-xornada-terapia-cansA deputada de Servizos Sociais, Digna Rivas, e o alcalde de Nigrán, Juan González, asistiron para coñecer de primeira man a actividade

 

Unha ducia de usuarios do Centro Castro Navás da Fundación Menela en Priegue gozaron esta mañá dunha xornada de terapia con cans enmarcada dentro do programa ‘Encantados’ da Deputación de Pontevedra. Á actividade acudiu a deputada de Servizos Sociais Digna Rivas e o alcalde de Nigrán, Juan González, co fin de coñecela de primeira man e poder valorala.

Vitoria Lago, traballadora e educadora social, e Tania Pena, enfermeira e educadora canina, do centro de reeducación Graña Saúde de Vigo, desprazáronse ata o lugar xunto a Ron, o seu fiel e dócil golden retriever.

A sesión, de aproximadamente unha hora de duración, estivo composta por unha parte teórica e outra práctica. Na primeira as dúas especialistas explicaron aos alumnos as diferentes funcións dos cans na sociedade, dende a axuda a persoas invidentes ou con problemas de mobilidade ao rastrexo ou rescate.

A segunda parte resultou máis interactiva, xa que os usuarios puideron pasear a Ron, simular que o levaban ao veterinario, acariñalo ou ensinarlle a dar a pata ou un bico. Ao mesmo tempo, na actividade expúxose un cadro dun dálmata onde os alumnos foron pegando os debuxos coas diferentes tarefas que executaron: cacharro da comida, inxección do veterinario, correa para pasear…

Actualmente está recoñecido cientificamente que o trato continuado con animais pode achegar melloras non só no ámbito emocional das persoas, senón tamén no físico, mental, educativo e mesmo motivacional, máxime cando se está tratando de persoas que sofren TEA (trastorno do Espectro Autista), como é o caso dos usuarios da Fundación Menela.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.