Inicio Val Miñor Nigrán Unhas lonas nas praias de Nigrán informan dos requerimentos de seguridade obrigatorios...

Unhas lonas nas praias de Nigrán informan dos requerimentos de seguridade obrigatorios nesta 2ª fase

Unhas lonas nas praias de Nigrán informan dos requerimentos de seguridade obrigatorios nesta 2ª faseO Concello de Nigrán instala lonas nas praias para informar dos requerimentos de segurisdade obrigatoriois durante esta nova fase

Os carteis apelan á cidadanía coa obrigatoriedade de manter a distancia de seguridade e todos os protocolos de hixiene. As praias de Nigrán apenas tiveron bañistas nesta primeira mañá permitida

O Concello de Nigrán, coincidindo coa fase 2 da desescalada, permite o acceso aos seus areais desde este luns 25 de maio sempre que se cumpran os requerimentos sanitarios esixidos, tal e como se especifica en diferentes lonas informativas a pé de praia e que foron instaladas hoxe.

Nesta primeira xornada permitida apenas houbo bañistas pola mañá nos areais do municipio, tal e como é habitual en maio.

Os requerimentos nos que se incide a campaña do Concello de cara a esta Fase 2 da desescalada nas praias son:

  • – Non se permite acceder á praia con Covid-19 ou calquera síntoma compatible co mesmo ou situación de illamento preventivo.
  • – Distancia de seguridade mínima de 2 metros.
  • – Obxectos persoais e toallas deben permanecer no perímetro de seguridade dos dous metros establecidos, evitando contactos co resto de usuarios.
  • – Non está permitido empregar as duchas, fontes, nin lavapés
  • – Manter os códigos hixiénicos establecidos: tusir no cóbado ou nun pano de tirar e realizar unha hixiene de mans periódica.
  • – O número máximo de persoas nun mesmo grupo será o que determine o BOE en cada fase
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies