O Concello de Nigrán instala lonas nas praias para informar dos requerimentos de segurisdade obrigatoriois durante esta nova fase
Os carteis apelan á cidadanía coa obrigatoriedade de manter a distancia de seguridade e todos os protocolos de hixiene. As praias de Nigrán apenas tiveron bañistas nesta primeira mañá permitida
O Concello de Nigrán, coincidindo coa fase 2 da desescalada, permite o acceso aos seus areais desde este luns 25 de maio sempre que se cumpran os requerimentos sanitarios esixidos, tal e como se especifica en diferentes lonas informativas a pé de praia e que foron instaladas hoxe.
Nesta primeira xornada permitida apenas houbo bañistas pola mañá nos areais do municipio, tal e como é habitual en maio.
Os requerimentos nos que se incide a campaña do Concello de cara a esta Fase 2 da desescalada nas praias son:
- – Non se permite acceder á praia con Covid-19 ou calquera síntoma compatible co mesmo ou situación de illamento preventivo.
- – Distancia de seguridade mínima de 2 metros.
- – Obxectos persoais e toallas deben permanecer no perímetro de seguridade dos dous metros establecidos, evitando contactos co resto de usuarios.
- – Non está permitido empregar as duchas, fontes, nin lavapés
- – Manter os códigos hixiénicos establecidos: tusir no cóbado ou nun pano de tirar e realizar unha hixiene de mans periódica.
- – O número máximo de persoas nun mesmo grupo será o que determine o BOE en cada fase



