spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaUnha visita virtual 306º do Monte Santa Trega, a novidade deste ano...

Unha visita virtual 306º do Monte Santa Trega, a novidade deste ano do MASAT

a-primeira-barferencia-do-ano-que-versara-sobre-o-centenario-do-museo-do-monte-da-guardaA partir do 15 de febreiro volve a abrir o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, que permitirá aos visitantes comprender a importancia deste xacemento arqueolóxico grazas a exposición de pezas atopadas nas diferentes escavacións.

Revista Cousas de Nº24

A longo do ano o horario do MASAT modificarase para atender aos visitantes de martes a domingo. Durante o 2023, unhas 40.000 persoas visitaron o Museo.

A novidade deste ano é o lanzamento do proxecto de visitas virtuais que permitirán coñecer mellor o Monte Santa Trega e outros espazos de interese na vila da Guarda. Esta iniciativa financiouse cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia.

Aqueles que visiten o Monte Santa Trega poden empregar esta ferramenta que permite realizar unha visita 360º do monte e ampliar a información coas audioguías. Ademais tamén está dispoñible a recreación virtual dunha unidade familiar do castro, que transportará ao visitante a finais do século I aC.

o-museo-arqueoloxico-de-santa-trega-volve-a-abrir-as-suas-portas

Esta nova ferramenta dixital está dispoñible na web turismoaguarda.es ou directamente no QR de enlace do recorrido virtual Castro Santa Trega.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.