spot_img
InicioVigo e áreaVigoUnha placa en Vigo honra desde hoxe a memoria de Moncho Iglesias,...

Unha placa en Vigo honra desde hoxe a memoria de Moncho Iglesias, un referente no estudo da obra de Antonio Palacios

Unha placa en Vigo honra desde hoxe a memoria de Moncho Iglesias, un referente no estudo da obra de Antonio PalaciosO Concello de Vigo eloxia a Moncho Iglesias como “ensinante xeneroso, defensor do patrimonio cultural e estudoso da arquitectura contemporánea de Vigo e de Galicia”

Desde este mércores, unha placa á entrada da sede do Instituto de Estudos Vigueses honra a figura de Moncho Iglesias, “núcleo central” da institución, á que estivo fortemente vinculado, e un defensor do patrimonio histórico e cultural da cidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, que definiu a Iglesias como “gran vigués e gran defensor da arquitectura e da obra de Palacios”, descubriu a placa este mércores acompañado da súa viúva e un dos seus fillos no edificio situado no número 2 de Cánovas del Castillo.

A cidade distingue así a figura do doutor en Historia da arte e mestre durante catro décadas, principalmente nun instituto do Porriño.

Iglesias é autor de catorce libros e máis de corenta artigos, dedicando especial atención á corrente arquitectónica rexionalista galega, sendo un referente no estudo da obra de Antonio Palacios.Unha placa en Vigo honra desde hoxe a memoria de Moncho Iglesias, un referente no estudo da obra de Antonio Palacios

- Publicidade -spot_img