spot_img
InicioBaixo MiñoUnha exposición recolle unha escolma das obras participantes no concurso Pinta Tui...

Unha exposición recolle unha escolma das obras participantes no concurso Pinta Tui 2024

unha-exposicion-recolle-unha-escolma-das-obras-participantes-no-concurso-pinta-tui-2024Unha escolma das obras participantes no concurso Pinta Tui 2024 expóñense ao público no Anexo da Sala Municipal de Exposicións “Francisco Sánchez” de Tui

Revista Cousas de Nº23

O Anexo da Sala Municipal de Exposicións no Edificio “Francisco Sánchez” acolle até o 4 de xaneiro unha escolma das obras gañadoras do  certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’ que neste ano alcanza a súa novena edición.

O concurso, celebrouse no mes de novembro coa colaboración do Concello e doutras entidades da cidade, contando coa participación de máis dunha trintena  de persoas de toda a provincia de Pontevedra e da Coruña. Nas súas obras, que agora se poden ver expostas ao público, recolleron  espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.

Na categoría de adultos o primeiro premio foi para Borja Rubén Martínez Salgado, o segundo para Bianca Fernández Díaz e o terceiro logrouno José Luís García Miranda. Na categoría xuvenil os premios foron para Mónica Rodríguez Estévez e María Jorge Cortizo. Mentres que en categoría infantil foron galardoados Lukas Pérez Ramilo, Mía Durán  Rodríguez e Eva Corbillón Ferrol.

A exposición pode visitarse en horario de 9 a 14 h. e de 15.30 a 20.00 h de luns a  venres, e os sábados de 9 a 13 h.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.