Baixo o título “Plácido Castro. Unha Galicia Soñada”, o Museo do Mar de Galicia acolle un total de 82 acuarelas en colaboración coa fundación do autor, natural de Corcubión.
Unha Galicia Soñada, que estará aberta ao público ata o 2 de marzo e completarase coa publicación dun catálogo, amosa a faceta máis descoñecida deste artista como pintor e debuxante do que destacan a calidade das súas obras. Plácido R. Castro (Corcubión, 1902-1967) foi un artista polifacético que sumou unha actividade cultural ampla ao longo da súa vida.
A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro dous de marzo e completarase coa publicación dun catálogo
Etnógrafo en Irlanda, tradutor de poesía inglesa de vangarda ao galego, locutor dun programa popular da cadea de radio británica BBC ou correspondente do xornal El Pueblo Gallego e do Journal de Noticias de Porto en Londres. Tamén impulsou a creación das Irmandades da Fala e foi un dos fundadores do Partido Galeguista en 1931.
Á súa produción pictórica súmanse multitude de obras como ensaísta e poeta. Ademais, avogou por un turismo cultural respectuoso coa paisaxe e por elo atópase no centro da creación, nos anos 60, de festas tan recoñecidas como a do Albariño de Cambados e da Romaría Viquinga de Catoira.




