spot_img
InicioGaliciaUnha delegación do Fondo Galego perfila en Mozambique os novos proxectos de...

Unha delegación do Fondo Galego perfila en Mozambique os novos proxectos de cooperación

unha-delegacion-do-fondo-galego-perfila-en-mozambique-os-novos-proxectos-de-cooperacionRepresentantes da entidade e dos concellos de Nigrán, As Neves e Viveiro definen cos municipios do país lusófono as futuras liñas de colaboración

Revista Cousas de Nº23

Unha delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade chegou onte a Mozambique para supervisar os proxectos alí apoiados. O presidente da entidade e alcalde de Nigrán, Juan González; o tesoureiro e alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, e mais a vogal e concelleira de Benestar Social en Viveiro, Lara Fernández, acompañados por unha responsable técnica, aproveitarán tamén para trazar as liñas de colaboración para os próximos anos no país lusófono. A misión político-técnica coincide co Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se conmemora hoxe xoves e que nesta ocasión se aliña co ODS 16: Paz, xustiza e institucións sólidas.

A axenda de traballo deu comezo este mesmo mércores cunha xuntanza coa Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM), socio local en nove dos 24 proxectos de cooperación apoiados polo Fondo Galego desde 2001 no país lusófono, que supuxeron un investimento de máis de 535.000 euros. Ademais de abordar os principais retos que afrontan os concellos mozambicanos, a reunión permitiu deliñar o proxecto que se desenvolverá a partir de 2025 para fortalecer as finanzas municipais nos municipios de Manhiça e Namaacha.

Xa pola tarde, a comitiva desprazouse a Katembe, nos arredores de Maputo, para coñecer o centro de acollida de menores ‘Esperanza’ que, grazas aos 1.500 euros achegados polo Concello de Ames a través do Fondo Galego, se dotou dun galiñeiro e dunha horta cun triplo obxectivo: mellorar a alimentación da rapazada, ofrecerlle formación agropecuaria e vender os excedentes para sufragar as necesidades de alimentación, saúde e educación das e dos menores. Así mesmo, o equipo directivo solicitou financiamento para arranxarlles os cuartos.

No día de hoxe, a delegación do Fondo Galego desprazarase cara o norte ata o municipio de Nhamayabue, onde dedicarán a xornada de mañá a supervisar o proxecto de abastecemento de auga -que supuxo construír catro pozos co fin de evitar os ataques dos crocodilos ao achegarse ao río para encher os bidóns-, e mais a perfilar o proxecto ‘Deporte e empoderamento’. Esta iniciativa xorde do programa de cooperación técnica Especialistas en Cooperar, que desde 2016 enviou xa unha decena de traballadoras e traballadores de deputacións e concellos socios do Fondo Galego a colaborar cos parceiros en Mozambique.

Un deles foi o técnico de deportes de Lousame, Néstor Romero, cuxa experiencia culmina agora cunha proposta para seguir fomentando a práctica deportiva entre a xente nova como alternativa de ocio saudable, pero afondando tamén no enfoque de xénero. Deste xeito, ademais de continuar formando ao profesorado e organizando competicións, promoverase a creación de equipos femininos e a educación sexual nos adestramentos, co fin de reducir os embarazos adolescentes, que afectan a 166 de cada 1.000 rapazas de entre 15 e 19 anos; mesmo se calcula que unha de cada dez nenas deu a luz antes dos 15 anos.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Ata o seu regreso, marcado para o 23 de outubro, as e os representantes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entrevistaranse aínda con outros concellos e entidades. Tal é o caso da Casa do Gaiato e a Fundação Encontro, coa que vén traballando desde hai case unha década para garantir os dereitos da infancia no rural, nomeadamente á saúde e á educación. Por outra banda, no municipio de Boane visitarán as catro vivendas resilientes construídas tras o paso de diversos ciclóns, cun investimento de 42.000 euros cofinanciado polo Fondo Galego e a Xunta de Galicia. Non hai que esquecer que Mozambique está considerado un dos países máis vulnerables perante o cambio climático.

A comitiva reunirase asemade cos alcaldes de Namaacha e Manhiça para abordar o proxecto de xestión e sustentabilidade financeira que se desenvolverá nos próximos catro anos, cunha subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID), achegada a través da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad. O primeiro paso será elaborar unha diagnose sobre o cobro de taxas municipais, para a partir de aí establecer recomendacións e ofrecer formación sobre os instrumentos a empregar, garantir unha recadación xusta e sensible ao xénero ou redactar as ordenanzas preceptivas. Este será un dos temas abordados na xuntanza final na oficina da propia AECID en Maputo.

Un dos países máis empobrecidos

Mozambique ten experimentado avances considerables desde os Acordos de Paz de 1992, pero o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser un dos máis baixos do planeta, ao ocupar o posto 183 entre os 193 contemplados. A pobreza atinxe ao 74,5% da poboación, especialmente as mulleres, mentres que a esperanza de vida se sitúa nos 60 anos. Os datos de alfabetización, mortalidade infantil e incidencia do VIH son tamén alarmantes. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita cada día por reverter a situación, algunhas con colaboración internacional.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.