A Asociación veciñal e cultural Laxes de Paramos organiza este domingo unha andaina cultural para dar a coñecer o patrimonio desta parroquia tudense.
Será un percorrido de apenas 6 km onde visitaranse moitos dos lugares de interese desta pequena parroquia de eminente tradición agrícola. Ademais da Igrexa de San Xoán e da Capela de San Caetano, daranse a coñecer os camiños tradicionais, o seu pasado medieval, os muíños, os sistemas de regadío, as fontes e a súa relación coa fronteira e o estraperlo.
Esta andaina será guiada por Cristian Lago, que xa ten realizado diferentes visitas noutras parroquias tudenses, dando a coñecer o patrimonio cultural destas contornas.
O punto de encontro será no Centro Cultural Laxes ás 9h. Esta actividade ten un custe de 5 €, sendo preciso a inscrición no 647074259.




