spot_img
InicioBaixo MiñoUn total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de...

Un total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de Escola Verde para fomentar actitudes responsables co medio ambiente

Un total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de Escola Verde para fomentar actitudes responsables co medio ambienteNo curso 2021-2022 oito centros cooperan por primeira vez, mentres que o CEIP Refoxos (Oia) e CEIP Plurilingüe Nº1 (Tui) repiten experiencia

A Xunta desenvolve unha nova edición do programa educativo Escola Verde, impulsado por MeteoGalicia, que neste curso acollerá a participación dun total de dez centros de ensino. O programa arrancou cunha xornada formativa telemática dirixida aos 110 profesores que se encargarán desta iniciativa, que chegará a máis de 1.400 alumnos dos centros participantes.

Trátase dun programa que ten por obxectivo acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente en todos os aspectos do eido escolar. Así, cada centro escolle unha temática sobre a que traballar durante o curso escolar, para concienciar aos alumnos no respecto pola biodiversidade e a natureza desde as idades máis temperás. Entre as propostas destacan temas tan innovadores como a arquitectura bioclimática e a súa importancia como sumidoiro de CO2, presentada polo IES Valga.

Na edición de 2021-2022 están inscritos centros de educación infantil, primaria e secundaria de todas as provincias, e destacan o CPR Plurilingüe Divina Pastora, de Ourense, que participa nas tres etapas educativas; así como o CEIP Refoxos, de Oia, e o CEIP Plurilingüe Nº1, de Tui, que repiten experiencia.

Escola Verde —xunto con MeteoEscolas- é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidades na que colaboran diferentes organismos e está pensada para fomentar a innovación educativa nos centros, así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.