·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránUn total de 150 persoas participan en Nigrán na primeira proba de...

Un total de 150 persoas participan en Nigrán na primeira proba de ‘Orienta Aventura’ na contorna de Monte Castelo

Un total de 150 persoas participan en Nigrán na primeira proba de 'Orienta Aventura' na contorna de Monte CasteloUn total de 150 persoas divididas en dúas categorías participou onte nesta primeira competición organizada desde o Concello de Nigrán coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada

O Concello de Nigrán, coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada, celebrou este domingo con gran éxito a súa primeira proba de ‘Orienta Aventura’ na contorna de Monte Castelo (Parada). Un total de 150 persoas divididas por equipos de 2 a 5 persoas en dúas categorías (‘Explorers’ só para maiores de 12 anos e ‘Pequenos castores’ para grupos con algún menor de 12) percorreu durante dúas horas e media o monte na procura de puntos escondidos en balizas coa única axuda dun mapa. A competición, deseñada pola empresa especializada Territorio Comanche, incluíu diversas probas de coñecemento ou de habilidades ou mesmo a recollida de plásticos, todo puntuable e non obligatorio ao plantexar cada equipo a súa propia estratexia para optimizar puntos no tempo máximo outorgado. Ante a avalancha de solicitudes e ao estar restrinxida a 150 persoas, o Concello organizará outras dúas máis para dar cabida ás 300 primeiras que quedaran na lista de agarda

Os tres primeiros clasificados resultaron ‘Os Incríbles’, ‘Los Superhéroes’ e ‘Los Fantásticos’ en categoría Pequenos Castores e ‘Morcegos’, ‘Polo Cheiro’ e ‘Deportivo de Tapitas’ en Explorers.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies