Un total de 150 persoas divididas en dúas categorías participou onte nesta primeira competición organizada desde o Concello de Nigrán coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada
O Concello de Nigrán, coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada, celebrou este domingo con gran éxito a súa primeira proba de ‘Orienta Aventura’ na contorna de Monte Castelo (Parada). Un total de 150 persoas divididas por equipos de 2 a 5 persoas en dúas categorías (‘Explorers’ só para maiores de 12 anos e ‘Pequenos castores’ para grupos con algún menor de 12) percorreu durante dúas horas e media o monte na procura de puntos escondidos en balizas coa única axuda dun mapa. A competición, deseñada pola empresa especializada Territorio Comanche, incluíu diversas probas de coñecemento ou de habilidades ou mesmo a recollida de plásticos, todo puntuable e non obligatorio ao plantexar cada equipo a súa propia estratexia para optimizar puntos no tempo máximo outorgado. Ante a avalancha de solicitudes e ao estar restrinxida a 150 persoas, o Concello organizará outras dúas máis para dar cabida ás 300 primeiras que quedaran na lista de agarda
Os tres primeiros clasificados resultaron ‘Os Incríbles’, ‘Los Superhéroes’ e ‘Los Fantásticos’ en categoría Pequenos Castores e ‘Morcegos’, ‘Polo Cheiro’ e ‘Deportivo de Tapitas’ en Explorers.



