spot_img
InicioCondado ParadantaUn tapiz floral de Ponteareas loce nas festas de Corpus Christi de...

Un tapiz floral de Ponteareas loce nas festas de Corpus Christi de La Orotava

un-tapiz-floral-de-ponteareas-loce-nas-festas-de-corpus-christi-de-la-orotavaA alcaldesa, Nava Castro, e unha delegación de nove alfrombristas de Ponteareas participan nas celebracións de Corpus da vila de La Orotava.

Revista Cousas de nº21

As e os nosos alfombristas confeccionaron un tapiz floral de nove  metros de longo por cinco de ancho na contorna da Casa do Concello da vila.

Ao estilo Ponteareas, así quixeron amosar a nosa arte floral en territorio canario os nosos alfombristas, empregando materiais naturais que foron transportados dende Ponteareas e completando con materiais subministrados pola vila de La Orotava.

Ponteareas e La Orotava reafirman a súa irmandade e un ano máis, e xa van 40, colaboran para amosar ás persoas visitantes a súa arte en flor, areas e terras unidas pola devoción ao Corpus Christi, pola unidade veciñal e pola transmisión popular de coñecementos e tradicións.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A alcaldesa agradece ao alcade de La Orotava, Francisco Linares, e a todos os alfombristas e persoas colaboradoras a atención recibida “sendo unha vez máis unha experiencia única vivir con elas e eles esta festividade e esta tradición que nos une”.

As Festas de Corpus Christi e San Isidro Labrador son Festas de Interese Turístico Nacional.

- Publicidade -spot_img