spot_img
InicioO MorrazoMarínUn grupo de 93 nenos e nenas do CEIP Carballal de Marín...

Un grupo de 93 nenos e nenas do CEIP Carballal de Marín coñecen o traballo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro

un-grupo-de-93-nenos-e-nenas-do-ceip-carballal-de-marin-conecen-o-traballo-da-estacion-fitopatoloxica-de-areeiro

Un grupo de 93 alumnos e alumnas do CEIP Carballal de Marín coñeceron hoxe o traballo realizado polos técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro dependente da Deputación de Pontevedra. Os rapaces dividíronse en catro grupos para visitar os laboratorios e a finca, onde foron instruídos sobre en que consiste o día a día do centro de investigación.

Xunto cos seus profesores, as pequenas e pequenos aprenderon como se realiza a cría de insectos e en que consiste a loita biolóxica con eles contra determinadas pragas, é dicir, como se poden controlar os insectos perxudiciais para cultivos ou árbores con outros insectos que controlen a súa poboación. Neste campo, tamén coñeceron moitos datos sobre os fungos, tales como o modo no que se cultivan en laboratorio para podelos estudar e identificar; como medran e tamén como se utilizan no control dalgunhas enfermidades das plantas que reducen as colleitas e as producións.

Os pequenos tamén pasearon polas plantacións de froiteiras onde se producen os kiwis, kiwiños, feixoas, guaiabos e outras froitas que foron introducidas e melloradas xenéticamente para adaptarse á climatoloxía e condicións da terra galega dende a Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Esas froitas xa eran coñecidas polos nenos e nenas, posto que xa as tiñan probado e comido durante a clase de froitas de outono que celebrou o seu centro escolar en colaboración coa Deputación hai un par de meses.

Por último, os alumnos do CEIP Carballal tamén coñeceron os diferentes tipos, formas  e cores de flores de camelia que agora están en plena floración e das que en Areeiro hai más de 1.000 tipos diferentes. Visitaron as plantacións de camelia das que se obtén o té, e foron testemuñas de como se fai a colleita das follas e de como é o proceso polo que esas follas se converten na infusión que logo preparan nas súas casas.

A deputada Eva Vilaverde indicou a importancia deste tipo de actividades de achegamento da ciencia aos rapaces e rapazas. Subliñou que coas visitas ao centros de investigación e ás plantacións dependentes da Deputación os novos estudantes asimilan de xeito moito máis natural o coñecemento ao vivilo en primeira persoa e complementan a súa formación teórica. Vilaverde quixo resaltar tamén o traballo divulgativo que se realiza dende a Estación de Areeiro, tanto por este tipo de visitas concertadas con centros escolares, como pola oferta de unidades didácticas para traballar coas camelias e coas froitas de outono.

Estación Fitopatolóxica do Areeiro

un-grupo-de-93-nenos-e-nenas-do-ceip-carballal-de-marin-conecen-o-traballo-da-estacion-fitopatoloxica-de-areeiro

Coñecendo o lugar…

En 1981 nace a Estación Fitopatolóxica do Areeiro como servizo adscrito á Deputación Provincial de Pontevedra. A Estación aséntase sobre a denominada Granxa Areeiro, que adquiriu a Deputación de Pontevedra o 31 de xaneiro de 1963 e que naquel momento estaba dedicada ao cultivo de viña, froiteiros e prados.

Inicialmente, a súa creación responde a un afán do organismo provincial por cubrir o gran baleiro existente en materia de asesoramento directo aos agricultores no relativo á sanidade dos seus cultivos: trátase de que na provincia exista un centro especializado no estudo e diagnóstico dos patógenos e pragas máis frecuentes das plantas que se cultivan na provincia, e que, desde este centro, póidaselles proporcionar información aos agricultores sobre as medidas que deben tomar ante a súa presenza. Así mesmo, este asesoramento vai crecendo coa aparición en anos sucesivos das seccións de edafología e de fruticultura e ornamentais.

Na actualidade conta con catro seccións: fitopatología, edafología, fruticultura e ornamentais e bioloxía molecular. Outro dos seus obxectivos é a investigación práctica relacionada co ámbito agrícola e forestal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.