spot_img
InicioBaixo Miño‘Un camiño ben temperado’ fusionará as músicas antigas e a danza en...

‘Un camiño ben temperado’ fusionará as músicas antigas e a danza en Oia

‘Un camiño ben temperado’ fusionará as músicas antigas e a danza en OiaA Clásica organiza a segunda edición do festival do 6 ao 9 de setembro no mosteiro de Oia e na igrexa de Santa María

Revista COUSAS DE Nº18

A Clásica presentou a segunda edición de ‘Un camiño ben temperado’, un ciclo que combina música antiga e patrimonio, sumándose este ano a danza para realizar por vez primeira unha residencia artística que explore a interpretación historicamente informada.

O festival terá lugar entre os días 6 e 9 de setembro en dous templos de Oia: o Real Mosteiro e a igrexa parroquial de Santa María

‘Un camiño ben temperado’ procura rachar coa rutina do cotián, traballando coas audiencias nun marco de reflexión e emoción para descubrir o novidoso do antigo a través da escoita dun repertorio que non perde actualidade e cuxa execución en espazos singulares sorprende, fascina e emociona. “O Real Mosteiro de Oia e a igrexa parroquial de Santa María son un conxunto patrimonial único. Percorreremos as capas de tempo destes templos seguindo os principios da interpretación historicamente informada, polo que elaboramos un programa que fai un paralelismo entre a historia do mosteiro e da música a través da interpretación en vivo. Moitas veces, para comprender a grandiosidade da música só hai que presentala no lugar axeitado”, afirma Manuel Martínez, responsable da programación do festival, que xunto á alcaldesa de Oia e Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura de la Xunta de Galicia, participaron na presentación do evento.

O detalle do traballo feito nestes catro eixos reflíctese na II Memoria de Sostibilidade, dispoñible en internet.

Nesta nova edición, a danza será o fío condutor das catro xornadas defestival. Grazas a ela vaise explorar o patrimonio e levarase a música aosdistintos espazos que conforman o mosteiro. Así o fará a primeira edición da residencia artística de interpretación historicamente informada, que terá como escenario o complexo cisterciense de Oia, que albergará nas súas numerosas estancias un proxecto de creación e reflexión arredor desta corrente artística.

Na estancia participarán diversos profesionais da agrupación de danzas históricas Portingaloise – Asociación Cultural e Artística; estudantes do Ginasiano Escola de Danza do Porto, a Escola Artística de Música do Conservatorio Nacional (EAMCN) de Lisboa, así como alumnado e profesorado do departamento de música antiga do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. O obxectivo é xerar unha serie de propostas inéditas, froito do encontro entre artistas, patrimonio, música e danza.

Tres concertos
O venres 8 de setembro, ás 20:00 horas no Claustro do Mosteiro, baixo o título ‘Por leixa-pren: relecturas do cancioneiro de amigo’, Glosalenta ofrecerá un espectáculo musical e poético para revisitar a tradición lírica da cantiga de amigo medieval galego-portuguesa desde unha perspectiva calibrada entre unha interpretación histórica e propostas sonoras contemporáneas, repensando as fontes literarias orixinais autóctonas do noroeste da Península Ibérica dos séculos XII-XIV a través da viola de gamba e segundo modelos performativos actuais.

A Xunta investirá 900.000 € para rehabilitar a Igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia, unha das xoias do Camiño Portugués da Costa

O mesmo venres, ás 21:00 horas na igrexa, o cuarteto Alicerce interpreta ‘As sete últimas palabras de Cristo na cruz’, de Haydn, un dos traballos máis profundos do autor.

O último día, o sábado 9 de setembro ás 20:00 horas na igrexa parroquial, a agrupación I Colori dell’armonia, acompañada pola Clásica, pechará o festival cun programa musical que inclúe o ‘Concerto da chiesa, op. VI, n.o 4 en remaior (Concerti grossi)’, de Arcangelo Corelli (1653-1713) e ‘Suite da Armida’ de Jean-Baptiste Lully (1632-1687). Estas pezas servirán como punto de encontro para que os integrantes da orquestra exploren e traballen baixo os presupostos estilísticos da interpretación historicamente informada.

Actividades paralelas
O público poderá visitar o Mosteiro de Oia durante a residencia artística os días 6 e 7 de setembro, nunha oportunidade única que coincidirá cos traballos, ensaios e os procesos artísticos. Ademais, os días 8 e 9 de setembro, tamén se ofrecen visitas guiadas á igrexa do mosteiro, restaurada recentemente, así como ao propio mosteiro.

 

O sábado 9 de setembro, en horario de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar oobradoiro de danzas antigas a cargo de Portingaloise – Asociación Cultural e Artística, dirixido por Catarina Costa e Thiago Vaz. Esta actividade está destinada ao público non iniciado co obxectivo de coñecer, entender e valorar esta arte desde a práctica.

Reserva de entradas

Todas as actividades do festival son de balde ata completar capacidade, previa reserva de entradas en Enterticket.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.