spot_img
InicioGaliciaTurismo de Galicia presenta ao sector os avances do Plan director e...

Turismo de Galicia presenta ao sector os avances do Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago

turismo-de-galicia-presenta-ao-sector-os-avances-do-plan-director-e-estratexico-do-camino-de-santiago

Durante o encontro, a responsable de Turismo da Xunta destacou que o Plan constitúe un dos documentos clave no eido do desenvolvemento turístico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo unha reunión co presidente do Clúster de Turismo de Galicia e diversos representantes do sector e do departamento que dirixe para presentar os avances do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago e as próximas accións a realizar.

Durante o encontro, a directora de Turismo de Galicia destacou que o Plan supón unha ferramenta de xestión para a Xunta de Galicia e para todos os axentes implicados na Ruta Xacobea.

comillasA directora de Turismo de Galicia sinalou que, ao igual que na súa realización, na posta en marcha do Plan continúase coa aposta pola colaboración e coordinación público-privada e interadministrativa buscando involucrar a todos os axentes no desenvolvemento do mesmo

Neste senso, sinalou que constitúe unha folla de ruta que marca as directrices para favorecer a conservación da esencia do Camiño na nosa comunidade autónoma, atendendo a todos os axentes, públicos e privados, implicados no mesmo.

A responsable de Turismo da Xunta explicou aos representantes do sector que o Plan Director do Camiño de Santiago constitúe un dos documentos clave no eido do desenvolvemento turístico de Galicia.

Neste senso, Nava Castro resaltou que para a realización do Plan Director do Camiño procurouse a máxima participación dos axentes e sectores implicados sendo consultados un total de 170 organizacións e 220 persoas, representantes de Administracións Públicas, de asociacións de Amigos do Camiño, da Igrexa, turoperadores, hostaleiros e grupos de investigación sobre a cultura xacobea, entre outros.

A directora de Turismo de Galicia sinalou que na posta en marcha do Plan continúase con esta aposta pola colaboración e coordinación público-privada e interadministrativa buscando involucrar a todos os axentes no desenvolvemento do mesmo.

Así, pediu aos representantes do sector a súa colaboración para traballar de maneira coordinada e cun mesmo obxectivo: acadar no 2021 un Camiño de Santiago xestionado integralmente por todas as administracións e axentes implicados, hospitalario, sostible social, económica e medioambientalmente, protexido e conservado, que satisfaga as necesidades do peregrino e cumpra as súas expectativas, conectado globalmente e accesible, xerador de coñecemento e que internacionalmente a marca Galicia.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta destacou as principais actuacións que xa foron realizadas no marco deste Plan como o Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos de Compostela, a aprobación do decreto da sinalización do Camiño de Santiago ou o programa Vivendas no Camiño’, a liña de axudas para a rehabilitación integral das vivendas situadas nos concellos polos que transcorre a ruta, entre moitas outras.

- Publicidade -spot_img