spot_img
InicioGaliciaTurismo de Galicia convoca os Premios Camiño de Santiago 2016 cunha achega...

Turismo de Galicia convoca os Premios Camiño de Santiago 2016 cunha achega de 75.000 euros

Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-Costa

Concederanse oito distincións ás que poderán optar entidades locais, Asociacións de Amigos do Camiño, persoas físicas ou xurídicas, pemes, investigadores e centros educativos de primaria e secundaria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado xoves día 21, a resolución pola que se convocan os Premios Camiño de Santiago 2016 e apróbanse as bases reguladoras para a concesión dos mesmos, para os cales Turismo de Galicia achega un total de 75.000 euros.

Estes galardóns promoven a excelencia na atención ao peregrino e a axeitada xestión dos recursos ligados ao Camiño de Santiago mediante a distinción daquelas iniciativas públicas e privadas que se desenvolvan en Galicia e se destinen a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas xacobeas; a crear novos servizos aos peregrinos ou innovar e mellorar os existentes e a divulgar e promover o Camiño de Santiago, a cultura xacobea, o seu patrimonio e a súa conservación.

Poderán participar concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades de concellos, consorcios locais e áreas metropolitanas ou outras entidades locais de Galicia polos que discorra algunha ruta do Camiño de Santiago.

comillasPremiaranse iniciativas destinadas a mellorar a contorna das rutas xacobeas, a crear ou mellorar servizos aos peregrinos e a promover o Camiño de Santiago

Concederanse un total de 8 distincións entre as catro categorías convocadas. Nas categorías primeira, segunda e terceira establécese, para cada unha, un primeiro premio de 15.000 euros e un segundo premio de 5.000 euros. Na cuarta categoría, achéganse 10.000 euros para a modalidade de investigación e 5.000 euros para traballos en centros educativos de primaria e secundaria.

O prazo de presentación de candidaturas para esta segunda edición destes premios de Turismo de Galicia é dun mes contado a partir de mañá -día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG-.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.