spot_img
InicioBaixo MiñoTui reivindicou a súa capitalidade do Camiño Portugués con música, danza, historia...

Tui reivindicou a súa capitalidade do Camiño Portugués con música, danza, historia e andaina

tui-reivindicou-a-sua-capitalidade-do-camino-portugues-con-musica-danza-historia-e-andainaTui reivindicou o seu papel coma capital do Camiño Portugués do que é a porta de entrada a Galicia con música, danza, historia e unha andaina.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

As actividades realizadas a pasada semana puxeron en valor a importancia que o Camiño ten e tivo na cidade. Así o programa abriuse coa conferencia do historiador Rafael Sánchez Sánchez Bargiela sobre a peregrinación de Isabel de Aragón, viúva do rei de Portugal Don Dinis, e coñecida coma a Raíña Santa, da que se cumpren 700 anos. Esta peregrinación, unha das que máis sona tivo ao longo dos séculos, reflicte precisamente a importancia histórica desta vía xacobea.  Tamén se puxo en en valor o patrimonio a pé do Camiño, coma son as igrexas de San Domingos e de San Bartolomeu, que acolleron tres dos actos celebrados.

Precisamente o xoves á noite houbo cheo na igrexa de San Bartolomeu no concerto que ofreceron Germán Díaz e  Benxamín Otero no que a zanfona, vinculada estreitamente ao Camiño, foi a gran protagonista.  Mentres o son de elementos naturais, mesturouse coa música e coa danza  no espectáculo “Camiños que parten” que a Compañía de Furia Sotelo puxo en escena o venres na igrexa de San Domingos.

Tamén o venres unha véntena de persoas fixeron o percorrido do tramo do Camiño Portugués entre a rúa Olímpicos Tudenses e a Capela de Nosa Señora do Camiño, coñecendo parte da historia deste trazado e o patrimonio que no mesmo se sitúa de novo da man de Rafael Sánchez Bargiela.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.