spot_img
InicioBaixo MiñoTui protagonizará un dos capítulos da serie documental “Caminos de Sefarad, diario...

Tui protagonizará un dos capítulos da serie documental “Caminos de Sefarad, diario de una ciclista”

tui-protagonizara-un-dos-capitulos-da-serie-documental-caminos-de-sefarad-diario-de-una-ciclistaO patrimonio xudeu de Tui formará parte do documental “Caminos de Sefarad, diario de una cicilista” cuxa rodaxe chegou o sábado a Tui. Trátase dunha serie documental que se emitirá en La2 de TVE a próxima primavera.

Revista Cousas De Nº19

Ainara Hernando, ciclista e xornalista especializada en ciclismo, percorrerá ao longo de 13 capítulos os municipios que contan cun destacado patrimonio histórico, artístico e cultural herdanza das comunidades xudías que os habitaron. Baixo a dirección de Salva Ruiz e coa produción de Surf Chanel, esta serie contará tamén cunha proposta didáctica para descubrir a cultura sefardí.  A rodaxe desta serie documentou comezou o pasado domingo 1 de outubro.

En Tui Ainara Hernando, xunto a Manuel Guerreiro da empresa Tamuxe Kayak, percorreu o río Miño en piragua, gozando dunha fermosa panorámica do conxunto histórico dende o río, nunha calorosa mañá de outono. Logo dirixíronse ao conxunto histórico para na Catedral, da man do historiador Suso Vila, coñecer a menorá gravada no claustro, pero tamén os Sambenitos, e e outros elementos ligados á presenza xudía e criptoxudía na cidade.  Do documental formarán parte tamén os outros dous municipios galegos membros da Red de Juderías de España, Ribadavia e Monforte de Lemos.

A concelleira de Turismo, Ana Núñez, amosa a súa satisfacción pola presenza de Tui desta serie documental que contribuirá á promoción turística da cidade a nivel nacional e internacional. Sinala que “no capítulo que gravado en Tui quedará reflectido a nosa gastronomía, o patrimonio, a natureza e a hospitalidade da cidade”.  Destaca a concelleira coma nunha nova ocasión a cidade é escenario de producións audiovisuais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.