spot_img
InicioBaixo MiñoTui presente no VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local en Sevilla

Tui presente no VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local en Sevilla

tui-presente-no-vi-foro-mundial-de-desenvolvemento-economico-local-en-sevillaA cidade formou parte da delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xunto a Nigrán, Burela e Boiro

Revista Cousas de Nº24

Tui participou esta semana no VI Foro Mundial do Desenvolvemento Económico Local, desenvolvido en Sevilla, como representante do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, formou parte da delegación galega, xunto ao presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, os concelleiros de Burela e Boiro, Mario Pillado e Raúl Romero, e concelleiro da localidade caboverdiana de Tarrafal, Osvaldo Chantre.

Ademais de asistir aos debates, a comitiva galega puido coñecer ao novo presidente da Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde, Fábio Vieira.

O VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local ten por obxectivo explorar estratexias innovadoras para enfrontar os desafíos da tripla transición (dixital, social e económica), a xustiza social e a economía solidaria, dende unha perspectiva territorial. Este evento reuniu a 3.000 participantes de máis dun cento de países.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que Tui forma parte xunto a outros 114 concellos, concentra os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Un fondo que vai cumprir 28 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de 30 países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.