spot_img
InicioBaixo MiñoTui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da...

Tui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da Catedral

tui-inicia-en-fitur-a-promocion-da-conmemoracion-do-800-aniversario-da-catedralO Concello de Tui está presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, para promocionar turísticamente o municipio e buscar novas alianzas. Aos grandes atractivos turísticos que ten o municipio súmase a conmemoración do 800 aniversario da Catedral.

Revista Cousas de Nº24

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez desprazáronse a Madrid para participar en FITUR nas presentacións das novas campañas de promoción nas que participa o municipio. Amais tanto hoxe coma mañá teñen axendados distintos encontros para reunirse con operadores interesados en Tui.

Así, hoxe xoves mantiveron con Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia, un primero contacto para estudar vías de colaboración de cara á celebración do oitavo centenario da Catedral de Tui. Previamente, a primeira hora, reuníronse con Turismo Porto e Norte para abordar un proxecto vinculado co patrimonio xudeu entre Galicia e Portugal.

Por outra banda esta tarde o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, participaron na presentación da campaña “Para Lembrar” do Xeodestino Galicia Suroeste. O pórtico da Catedral é un deses elementos para lembrar. Tamén asistiron á presentación da campaña “Cando volves” da Deputación de Pontevedra. O río Miño e a silueta do conxunto histórico, presidida pola Catedral, forma parte do vídeo promocional.

 

En FITUR tiveron amais a oportunidade de saudar aos representantes de distintas empresas tudenses vinculadas ao turismo que acudiron tamén a esta cita internacional.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou esta tarde que esta é unha oportunidade única, xa que en FITUR “se reúnen todos os operadores a nivel privado e a nivel institucional para poder visibilizar e viablizar aqueles proxectos nos que estamos traballando neste momento a nivel de promoción turística”.

Tui acada o apoio de Paradores á conmemoración do oitavo centenario da Catedral

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, reuníronse esta tarde coa directora de Paradores, Raquel Sánchez, e co secretario xeral, Ricardo Mar, logrando o compromiso desta entidade para a difusión, a nivel nacional e internacional, dos actos conmemorativos do 800 aniversario da Catedral de Tui, que terán lugar entre novembro de 2025 e decembro de 2026.

tui-inicia-en-fitur-a-promocion-da-conmemoracion-do-800-aniversario-da-catedral

Paradores difundirá este destacado evento entre todos os seus clientes, así coma na propia rede de Paradores. Esta é unha primeira colaboracion entre ambas entidades, á que se poderán sumar novas iniciativas a estudar nun próximo encontro que terá lugar en Tui.

A actual directora de Paradores, Raquel Sánchez, coñecía xa o municipio porque na súa etapa de ministra aprobara a Axenda Urbana de Tui.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.