·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoTui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella ponte internacional

Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella ponte internacional

Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella ponte internacionalA  mostra achega información sobre esta histórica infraestrutura que supuxo un antes e un despois nas comunicacións, non só entre Tui e Valença, senón entre Galicia e Portugal.  A exposición, que recupera material dunha anterior exposición,  realiza un percorrido polo proceso de deseño e construción da Ponte Internacional sobre o río Miño. Tamén se amosa unha maqueta da ponte unindo as dúas cidades integran a mostra. Poderá visitarse até o 4 de abril, na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.

O 25 de marzo de 1886 tivo lugar o solemne acto de inauguración oficial da Ponte Internacional de Tui, cun acto que consistiu no encontro das locomotoras Valença  e Alfonso XII reunindo, segundo as crónicas xornalísticas da época, preto de 20.000 persoas en ambas ribeiras do Miño.

Esta singular obra foi deseñada polo enxeñeiro español Pelayo Mancebo Agreda combinando os piares graníticos, procedentes das canteiras de Guillarei, coa celosía metálica que define a estrutura desta singular obra, realizada pola empresa belga, con presenza en Portugal, “Braine la Compte”.

Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella ponte internacionalNa vista a exposición podemos achegarnos ao proceso de acordo entre os gobernos de España e Portugal, ao deseño por Pelayo Mancebo, ao proceso de construción dirixido polos enxeñeiros Eugène Rolin e o seu irmá Ernest, que axiña foi substituído por Auguste Cazaux, xunto ao enxeñeiro inspector, o galego Andrés Castro Teijeiro.

A ponte metálica sobre o Miño, integrada por cinco tramos de ferro que alcanzan unha luz de 330 m, é un dos exemplos sobranceiros do patrimonio industrial de Galicia. Pero esta Ponte posúe tamén un alto valor simbólico como imaxe das relacións entre Galicia e Portugal ao tempo que expresa a entrañable unión de Valença e Tui que grazas á comunicación que posibilita converta a estas cidades miñotas nun único espazo cidadán, cunha continuidade urbana que resulta un exemplo único en toda a fronteira hispano-lusa.

Para a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, esta exposición, mais aló da súa modestia de montaxe, contribúe a afondar nas estreitas relación que a ponte posibilita entre Valença e Tui, interrompidas na actualidade polo peche da fronteira provocado pola pandemia que todos agardamos axiña poidamos superar para recuperar a comunicación intensa que acolle esta ponte centenaria.

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade