spot_img
InicioBaixo MiñoTui celebra o I Encontro de Bandas de Gaitas nas Festas de...

Tui celebra o I Encontro de Bandas de Gaitas nas Festas de San Telmo

tui-celebra-o-i-encontro-de-bandas-de-gaitas-nas-festas-de-san-telmoAs Festas de San Telmo acollerán o I Encontro de Bandas de Gaitas que se vai celebrar o sábado, 19 de abril, ás 21 h no Espazo Feiral. Participarán as catro bandas tudenses Arume de Malvas, A Insua de Caldelas, Guillarei e Paramos. A entrada será libre.

Revista Cousas de Nº24

Con este evento o Concello de Tui que pór en valor e recoñecer o traballo que realizan estas agrupacións, sendo un expoñente da nosa cultura e música tradicional. Ao tempo destacase o feito de que un municipio coma Tui conte con catro agrupacións destas características cun alto nivel e que teñen levado o nome de Tui tanto a nivel nacional coma internacional.

Ao longo das tres horas do I Encontro de Bandas de Gaitas as agrupacións tudenses interpretarán dende composicións tradicionais a versións de temas máis contemporáneos ofrecendo unha nova sonoridade a cancións do rock ou do pop.

A Banda de Gaitas Arume de Malvas será a encargada de abrir este I Encontro interpretando a “Marcha das Chirimías”, “Foxtrot”, “Rapsodia galega”, “Suite bretona” e “Suite do Alcacén”. Esta agrupación naceu no ano 2011 a raíz dunha proposta veciñal. Baixo a dirección de Ramón Corral na sección de percusión e de Diego Alonso na de gaita, conta con máis de 45 integrantes. Arume ten percorrido numerosos festivais e encontros, entre eles o Printemps des Sonneur en Brest ou o Festival Interceltique de Lorient (ambos en Bretaña).

En segundo lugar actuará a Banda de Gaitas A Insua, de Caldelas cun repertorio formado por “Ferrol”, “Estrela”, “Rumba a Caldelas”, “Sofía”, “La Bamba” e “Mistura”.  Creouse no 2018 no seo da Asociación A Insua de Caldelas. Iniciouse como escola, con 15 alumnos, e conta actualmente con 45 integrantes recibindo formación musical nos diversos instrumentos. Baixo a dirección de José Manuel Caballero Fernández, actuou en diversos certames como as Festas de San Pedro de Paredes (Oporto) ou no Internacional Sons De La Cossetània (Tarragona).

A Banda de Gaitas Guillarei creada en 2009 interpretará “Vals O Agaradiño”, “Muiñeira do Incio”, “Xuta danzarica e a volta da festa de Caroi”, “Pasodobre Tuxeiriña”, “Baitucada” e “Foliada do Luxan e muiñeira da Camposa”. Durante estes 16 anos actuou en diversos festivais de España e Portugal, como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira baixo a dirección de Juan Domínguez.

Pecha o I Encontro de Bandas de Gaitas a Banda de Gaitas Paramos con “Camariñas”, “Muiñeira do Pedáneo”, “Pichón”, “Fiesta pagana”, “The final countdown” e “Tradición”.  Esta agrupación fundouse  en 2007 no Centro Cultural Laxes. Na actualidade está formada por máis de 50 compoñentes baixo a dirección de José Manuel Caballero. Teñen realizado numerosas actuacións entre as que  o desfile do Día de San Patricio en Nova York en marzo de 2022.

Este I Encontro de Bandas de Gaitas brindará a oportunidade de gozar da riqueza musical e da diversidade das formacións tudenses. Nun evento que está chamado a ser un referente na nosa música tradicional neste tipo de formacións.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.