spot_img
InicioCondado ParadantaTrans Miño contará cun punto de información no edificio multiúsos do concello...

Trans Miño contará cun punto de información no edificio multiúsos do concello de Covelo

.Trans Miño contará cun punto de información no edificio multiúsos do concello de Covelo
Firma do Convenio

Concello e colectivo asinan un convenio de colaboración para a orientación, asesoramento e fomento da coeducación no ámbito dos dereitos humanos, promoción da saúde sexual e prevención de enfermidades ITS

O concello de Covelo e a asociación Trans Miño veñen de asinar un convenio de colaboración para a orientación, asesoramento e fomento da coeducación no ámbito dos dereitos humanos, promoción da saúde sexual e prevención das enfermidades de transmisión sexual (ITS).

Revista COUSAS DE Nº13

 

A sinatura deste convenio permitirá que a asociación Trans Miño empregue a sala multiúsos do edificio municipal donde se ubica a biblioteca pública e o auditorio municipal para atender ás persoas LGTBI. O horario de atención ao público será os luns de 09:00 a 13:00 horas e os venres de 16:30 a 20:00 horas e dará servizo aos habitantes da comarca da Paradanta.

Trans Miño contará cun punto de información no edificio multiúsos do concello de Covelo
Representantes do Colectivo e do Concello despois da firma

A apertura deste novo punto de información súmase á de Ponteareas e a de A Guarda na que dan cobertura ás persoas do Condado e do Baixo Miño, respectivamente.

O presidente da asociación, Xermán Cordero, e o coordinador local Alejandro Outerelo explican que os principais obxectivos son a orientación e asesoramento ademais de ofrecer información das diversas campañas que se realizan dende o colectivo como o reparto de material preventivo ante o VIH. Ademais, ofrecerán acompañamento ás persoas que teñan dúbidas sobre a súa orientación sexual, entre outras cuestións. “Un dos obxectivos cos que traballamos é ofrecer a realización de probas rápidas de detección de VIH e acompañar as vítimas de posible LGTBI fobia

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.