spot_img
InicioBaixo Miño‘Toponimízate’ chega esta semana a Tui e a Trasmiras

‘Toponimízate’ chega esta semana a Tui e a Trasmiras

toponimizate-chega-esta-semana-a-tui-e-a-trasmirasA localidade tudense acolle este xoves unha charla na que a veciñanza aprenderá a empregar a aplicación colaborativa de recolla da microtoponimia Galicia Nomeada

Revista Cousas De Nº19

Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, a campaña coordinada pola Real Academia Galega co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística, chega esta semana a Tui (Pontevedra) e Trasmiras (Ourense) con dúas charlas sobre a orixe e o significado dos nomes de lugar de ambos os concellos e o funcionamento de Galicia Nomeada. A campaña, coordinada pola Real Academia Galega co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pretende divulgar a enorme riqueza toponímica do país e animar tamén a cidadanía a participar, a través desta plataforma colaborativa, na recolla de nomes de leiras, fontes, camiños, devesas e outros microtopónimos que corren o risco de se perder.

Desde a súa posta en marcha a finais de 2019, as persoas que colaboran con Galicia Nomeada, unhas 3.200, achegaron máis de 67.000 microtopónimos localizados en 303 dos 313 concellos do país.

A cita de Toponimízate en Tui será mañá xoves 26 de outubro a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Randufe (rúa Cruceiro do Monte s/n) e a sesión en Trasmiras, o venres 27 de outubro, tamén as 20 horas, na Casa da Cultura (rúa Otero Pedrayo). O coordinador técnico de Galicia Nomeada, o filólogo da RAG Vicente Feijoo, impartirá ambas as sesións, que contan coa colaboración do académico de número Gonzalo Navaza na parte etimolóxica.

A rapazada de Tui e Trasmiras implícase na recolla

Vicente Feijoo xa visitou Tui o pasado marzo. Fíxoo por iniciativa do IES San Paio, onde ofreceu unha charla procurando a implicación da comunidade educativa. Agora, buscarase ampliar ao resto da poboación tudense a recolla da toponimia.

Moita importancia tamén tivo un instituto na recuperación da toponimia de Trasmiras. A rapazada do IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia, incluíu ducias de nomes de lugar deste concello do sur de Ourense grazas a alumnado de Trasmiras. Porén, moito é aínda o territorio que queda por recibir achegas.

Toponimízate xa fixo parada nesta sexta edición nos concellos de Becerreá e Vila de Cruces. Ademais de Tui e Trasmiras, visitará este outono Padrón, Dumbría e Narón na provincia da Coruña; Ponte Caldelas na de Pontevedra; A Pobra do Brollón na de Lugo; e na de Ourense, Maceda e Amoeiro.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.