spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño restaura a ponte medieval de Sobrada

Tomiño restaura a ponte medieval de Sobrada

Tomiño restaura a ponte medieval de SobradaA ponte, ben de interese cultural, está nun camiño municipal inventariado que é o antigo camiño que unía Tui co barrio tomiñés de Hospital, coñecido por albergar un hospital de peregrinos

 O Concello de Tomiño vén de recuperar a antiga ponte medieval situada entre as parroquias de San Salvador de Piñeiro e San Salvador de Sobrada, construída sobre o río Furnia.

A ponte, ben de interese cultural, está nun camiño municipal inventariado que é o antigo camiño que unía Tui co barrio tomiñés de Hospital, coñecido por albergar un hospital de peregrinos do que hoxe en día aínda quedan restos. Realizada en cantería irregular na súa maior parte, presenta un so arco de medio e unha lonxitude total de 15 metros.

A estrutura foi clausurada hai tempo, advertíndose do seu perigo, pois atopábase moi deteriorada a causa do paso do tempo e as chuvias. Con danos nunha das partes inferiores do arco e un leve afundimento no lousado superior, sospeitábase que as filtracións dende a cara superior lavaron interiormente o material de recheo, provocando o seu esvaramento sobre o leito do río, manténdose, porén, o arco intacto.

Tomiño restaura a ponte medieval de Sobrada

Co fin de recuperar o estado inicial da ponte e manter o elemento nunhas condicións óptimas de seguridade, así como preservar o patrimonio arquitectónico do Concello de Tomiño, leváronse a cabo traballos de reconstrución do sobrazo, limpeza da vexetación e consolidación e selado do lousado superior.

A limpeza do lousado da calzada da ponte realizouse en dúas fases: unha primeira mediante o uso de rozadoira equipada con fío e unha segunda fase de forma manual, utilizando ferramentas non agresivas como espátulas, cepillos e vasoiras, eliminando plantas superiores e depósitos de terra sobre as laxas, e incluíndo a tala dun salgueiro que, pola súa proximidade, podería afectar á estrutura.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.