spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño recoñece os logros do ciclista Diego Álvarez Alonso

Tomiño recoñece os logros do ciclista Diego Álvarez Alonso

Tomiño recoñece os logros do ciclista Diego Álvarez AlonsoO Concello ofreceu unha recepción na que gabou os grandes éxitos obtidos polo deportista na súa curta carreira

Revista COUSAS DE Nº17

Subiuse a unha bicicleta por primeira vez pasada a pandemia, para seguir facendo deporte e despexarse tras o confinamento nun momento no que os ximnasios estaban pechados. Dende entón, Diego Álvarez Alonso non deixa de colleitar éxito tras éxito. O Concello organizou unha recepción ao ciclista afincado en Tomiño, un encontro no que felicitar ao deportista pola súa carreira curta pero meteórica.

“É un orgullo ver o gran talento que teñen os nosos veciños e veciñas e como con paixón, dedicación e esforzo conseguen grandes logros”, destacou a alcaldesa, Sandra González. A rexedora remarcou a importancia do deporte para a vida, porque “é saúde, compañeirismo, amizade… e valores importantísimos que queremos seguir transmitindo ás novas xeracións”.

 

Dende que puxo un pé enriba da bicicleta, Diego Álvarez demostrou os seus grandes dotes de corredor todoterreo e polivalente. Deportista do Team Oiense, na súa curta carreira xa se proclamou campión da Copa Galicia 2022 e campión da Trasatlántica MTB Series 2023 cun récord de pleno de vitorias, cinco de cinco, tras 17 anos de historia da competición.

Durante a recepción, a alcaldesa, concelleiros e concelleiras deron os parabéns a Diego Álvarez e animárono a continuar progresando e recollendo triunfos como ten feito ata agora.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.