spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño prioriza a circulación de persoas no novo espazo público do Seixo

Tomiño prioriza a circulación de persoas no novo espazo público do Seixo

Tomiño prioriza a circulación de persoas no novo espazo público do SeixoO Concello de Tomiño dará prioridade a circulación de persoas no novo espazo público do Seixo, establecendo excepcións só para residentes e comerciantes

Crear un Área de Circulación Restrinxida (A.CI.RE.) nas rúas do núcleo urbano do Seixo, con total prioridade para os peóns, e na que non se permitirá a circulación de vehículos, salvo os debidamente autorizados, é a decisión tomada polo Concello de Tomiño, que entrará en vigor en breve, tras o remate das obras de humanización levadas a cabo nos últimos meses.

O obxecto é garantir a mellora da mobilidade peonil e a seguridade viaria, retirando o tráfico de vehículos das rúas República Arxentina, A Guarda, Colón, Camino do Alivio e Praza do Seixo.

Dentro das excepcións, atópanse as persoas residentes, propietarias de comercios ou usuarias de garaxes; vehículos de carga e descarga de mercadorías e gasoil; servizos de emerxencias, ambulancias, bombeiros, policía, taxis e bicicletas, entres outros.

Asemade, non se poderá estacionar na zona, salvo para as persoas residentes, que disporán de 10 minutos para carga e descarga doméstica (carga e descarga de mercadorías, até 30 minutos).

Para o control do acceso de vehículos, o Concello contará cun sistema de cámaras de videovixilancia, coñecido coma “Traffic Eyes Accesos”; un sistema de recoñecemento de matriculas por OCR, para o control de tráfico en vías urbanas, que funciona de forma centralizada, enviando todas as matrículas detectadas a un servidor central, que comproba cada acceso na lista de vehículos autorizados, e xera as infraccións correspondentes, en caso de non dispor de permiso.

A partir da próxima semana, tanto residentes como comerciantes e demais servizos, terán á súa disposición o modelo de solicitude para a autorización de acceso á zona restrinxida.

Ditas solicitudes poderán presentarse no rexistro de entrada do Concello, ou ben, a través da sede electrónica (tomino.gal).

O concelleiro de Tráfico e Seguridade, Ismael Troncoso, acompañado polo oficial xefe da Policía Local, José R. Álvarez Riveiro, mantivo varias xuntanzas con residentes e comerciantes do núcleo urbano de Tomiño, para informarlles sobre as obras realizadas (1) para a creación dun novo espazo público para a veciñanza, e do conseguinte cambio de prioridades de circulación de persoas e vehículos, escoitando ao mesmo tempo as súas necesidades e inquedanzas. “Queremos salientar a boa acollida das novas medidas por parte de residentes e comerciantes, e agradecemos a súa paciencia e comprensión durante as obras”, comenta o edil.

(1) Obras realizadas cun investimento total de 670.000 euros (500.000 do Plan DepoRemse).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.