spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño da un paso más para facer o municipio máis verde, sostible...

Tomiño da un paso más para facer o municipio máis verde, sostible e eficiente

tomino-da-un-paso-mas-para-facer-o-municipio-mais-verde-sostible-e-eficienteO Concello iniciou unha nova entrega de árbores autóctonas ao abeiro da terceira edición da campaña para repoboar as 900 hectáreas de franxas secundarias

Revista Cousas De Nº20

O Concello da un novo paso para facer de Tomiño un municipio máis verde, sostible e eficiente. O Goberno municipal deu este mércores o pistoletazo de saída á terceira edición da campaña para repoboar as 900 hectáreas de franxas secundarias con planta frondosa e autóctona, unha iniciativa coa que se busca rodear de vida o concello e blindalo ante posibles incendios forestais creando cortalumes naturais.

Baixo o lema ‘Rodéate de vida’, con esta campaña o Concello achega o seu gran de area “para crear un anel verde arredor dos núcleos de poboación tomiñeses que permita non só mitigar os efectos dun posible lume, senón que tamén favoreza a diversificación dos usos do monte e axude a mitigar os efectos que o cambio climático ten nos nosos municipios e nas nosas vidas”, como resaltou a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, que ademais o plantexa como “un investimento de futuro, para o desfrute e benestar da veciñanza”.

O Concello comezou este mércores o reparto de 1.800 árbores, que se sumarán aos máis de 2.600 exemplares entregados nas pasadas edicións. Durante as vindeiras semanas repartiranse plantas como cerdeiras, nogueiras, érbedos, castiñeiros, carballos, sobreiras, aciñeiras ou bidueiros a todas e todos aqueles propietarios de parcelas situadas nas franxas secundarias de xestión da biomasa, que son aquelas que se atopan dentro dos 50 m dende o límite de solo do núcleo ou ata 50 m dende unha casa illada.

Para adquirir estes exemplares, as persoas titulares dalgunha das 13.200 parcelas de franxa secundaria poden solicitar información e os vales das plantas de forma presencial no Departamento de Medio Ambiente de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, chamando ao teléfono 986 62 20 01 (extensión 6) ou enviando un correo electrónico a tecnica.medioambiente@tomino.gal.

A concelleira de Medio Ambiente anima a todas as persoas propietarias destas parcelas a sumarse á campaña e repoboar os montes tomiñeses de vida autóctona, “que ofrece alternativas e recursos para plantar novas plantas forestais en zonas nas que as e os propietarios tiveron que talar os exemplares que xa tiñan plantados para adaptarse á normativa”.

- Publicidade -spot_img