spot_img
InicioVal MiñorGondomarTiro con Arco -Tres podios para o Club Serra de Gondomar en...

Tiro con Arco -Tres podios para o Club Serra de Gondomar en Moscoso

Tiro-con-Arco -Tres-podios-Club-Serra-Gondomar-Moscoso.Na cuarta tirada da liga Galega de bosque 3D, organizada polo Club Cazarco, celebrada en Moscoso, cun percorrido con 20 dianas e con 100 arqueiros participantes, o Club Serra de Gondomar conseguiu tres podios.

Aínda que a climatoloxía a primeira hora da mañá, non permitía unha boa visibilidade debido á néboa, mellorou ao longo da xornada deixando paso a un día moi soleado.

O club Serra de Gondomar, con 12 participantes 4 sénior e 8 menores de 14 anos obtivo tres podios, en categoría sénior Jose Carlos Presa, como primeiro clasificado en arco nu, categoría na que a que os competidores posuían unha gran preparación, os outros tres sénior Israel Martínez, Marco Melón e Miguel Ángel se clasificaron entre os 10 primeiros.

Na categoría de menores de 14 anos, en arco composto Rubén Rodríguez, conseguiu outro primeiro posto e Anxo Martínez, clasificouse como terceiro; os outros 6 participantes Xes Argüelles, Iker Barbero, Sergio Adrián, Xoel e Uxía quedaron entre os 10 primeiros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.