A nova lei de navegación marítima e náutica de recreo, a matriculación de embarcacións, as pólizas e seguros ou o proceso de compravenda de barcos son algúns dos temas que se abordarán o próximo 22 de maio en Baiona
O seminario será impartido polo avogado especialista en dereito náutico e negocio marítimo Yamandú Rodríguez
O Monte Real Club de Iates e a firma de avogados Blas de Lezo organizan o vindeiro venres 22 de maio en Baiona un seminario sobre dereito náutico no que se explicarán os últimos cambios introducidos na lexislación.
O avogado Yamandú Rodríguez, especializado na industria e o negocio marítimo, será o encargado de expor aos asistentes as cuestións máis importantes relacionadas coa realidade xurídico-empresarial do sector náutico na actualidade.
A nova lei de navegación marítima e náutica de recreo, a matriculación de barcos , a necesidade de títulos para navegar en augas españolas e estranxeiras ou as garantías na compravenda de embarcacións serán algúns dos temas que se abordarán no seminario. Tamén se falará sobre a morosidade nos portos, a seguridade social do mar, os impostos ou as diferentes pólizas e seguros que se poden contratar.
O evento vai dirixido a propietarios de embarcacións, navegantes tanto profesionais como afeccionados, xestores ou responsables de autoridades portuarias, portos deportivos ou clubs náuticos, navieras, transportistas, aseguradoras, e todas aquelas persoas interesadas en temas marítimos.
O seminario celebrarase o vindeiro venres día 22 de maio ao seis e media da tarde nas instalacións do Monte Real Club de Iates. A asistencia é gratuíta, con aforamento limitado.



