spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoTeresa Portela protagoniza a primeira charla do ciclo “Unha vida olímpica” en...

Teresa Portela protagoniza a primeira charla do ciclo “Unha vida olímpica” en Cangas

teresa-portela-protagoniza-a-primeira-charla-do-ciclo-unha-vida-olimpica-en-cangasA deportista española con máis participacións olímpicas comparte, nun faladoiro en Cangas, a súa experiencia deportiva e a influencia dos valores do deporte e de vivir na provincia de Pontevedra na súa carreira

Revista Cousas de Nº23

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou á padeeira Teresa Portela como “a mellor embaixadora que Cangas e a provincia poderían ter” na apertura do ciclo de conferencias “Unha vida olímpica”, nas que a única deportista española en participar en sete Xogos Olímpicos afonda sobre a importancia e incidencia dos valores do deporte na sociedade desde un punto de vista persoal e tamén da influencia da contorna das Rías Baixas na súa carreira e na súa vida. Un acto ao que asistiron tamén a vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez; e a deputada de Turismo, Nava Castro.

Este ciclo de faladoiros forma parte da alianza establecida entre a institución provincial e a olímpica pontevedresa para levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo. A xeira comezou este mércores no auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas, a súa vila natal, e continuará nos vindeiros meses, ata final de ano, con tres conferencias máis en Tui, Vigo e Pontevedra.

“Se Aldán, Cangas, as Rías Baixas e a provincia de Pontevedra son coñecidos en todo o mundo é por ti; se este territorio é unha potencia mundial en piragüismo é por ti e se os pontevedreses estamos orgullosos do que somos e podemos ser é tamén por referentes coma ti”, agradeceu Luis López nun auditorio cheo de seguidores de Portela, que tiveron a oportunidade de compartir unha tarde con esta “lenda” do deporte e da sociedade pontevedresa.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O apoio do organismo provincial á deportista de Aldán supón unha mostra máis do compromiso do goberno de Luis López co deporte, a través do apoio aos deportistas e como instrumento para dar a coñecer o destino turístico Rías Baixas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.